Os colectivos de Prado da Canda comezan a preparar o sendeiro da pateada do Coto do Brete.
A Comunidade de Montes e mais a Asociación de Veciños comeza a preparar a Andaina do Coto do Brete. Coa finalidade de dar a coñecer unha parte do monte comunal, os dous colectivos veciñais preparan para o tempo do estío, unha andaina. O recorrido é de dificultade baixa. As vistas das que podemos gozar dende o Coto do Brete é o premio desta andaina. De momento aínda non se conta cunha data concreta.