A comunidade de montes planificou un interesante recorrido, que vai mais ala do monte comunal de Paraños.
A Comunidade de Montes de Paraños organiza con Vigomaster o Trofeo Comunidade de Montes de Paraños. É un dobre evento onde haberá unha proba de competición e mais unha marcha cicloturista. O domingo, día dous de xuño, ás dez da maña é a cita para todos aqueles amantes do BTT. Esta proba é puntuable para a clasificación da Transgalaica. Aquí deixamos unha enlace onde podemos consultar os detalles desta proba ...
O escenario levaba anos ameazando ruína, supoñendo un perigo para a veciñanza.
O dez de decembro do dous mil sete, o colectivo veciñal de Prado da Canda presentou un escrito no Concello de Covelo. O colectivo solicitaba que o arquitecto municipal elaborase un informe, onde se detallase o estado de conservación do timplete da musica do torreiro da igrexa. No caso de que o informe acreditase o mal estado de conservación da estructura, e polo tanto ameazase ruína, se procedera á demolición das paredes e teito, conservando a placa, coa finalidade de que no futuro puidese ser aproveitada para realizar actividades a Asociación de Veciños. Anos despois o Concello de Covelo procede á demolición total da estructura, eliminando a placa tamén. Na Asociación de Veciños de Prado da Canda descoñecese os motivos para tomar esta decisión, aínda que confía no bo criterio do arquitecto municipal á hora de que o Concello decidise executar este traballo.
A Asociación Cultural Furafollas de Oroso, organiza o primeiro serán desta parroquia do municipio de A Cañiza.
O vindeiro sábado, vinte e cinco de Maio temos unha oportunidade para pasalo ben, no I Serán de Oroso. A partir das vinte e unha horas no recinto do Pateiro, onde haberá unha carpa, os devotos practicantes da música tradicional e bailadores poden ofrecer o seu bo facer. A parroquia cañicense o Oroso acolle por primeira vez esta actividade, organizada pola Asociación Cultural Furafollas de Oroso e colabora o Concello de A Cañiza. Os organizadores ofrecen pinchos e queimada gratis.
Rosalía de Castro segue moi presente na cultura galega.
Neste ano celébranse os cento cincuenta anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Son moitos os actos que se celebran no pais, dende aquí convidamos a visitar os seguintes enlaces.