A veciñanza do concello nevense, conserva mediante este acto, a musica tradicional da nosa terra.
O domingo pola tarde puidemos disfrutar dun fiadeiro en Vide, parroquia do concello de As Neves. Gaiteiros, pandereteiras e amantes da musica tradicional, acollidos nunha carpa, rodeada de arbores, saborearon diversos productos, ofrecidos con xenerosidade polos organizadores do acto, que contou cunha interesante participación. As cantigas de toda a vida foron interpretadas como sempre, conservando así unha tradición que xa vén de antigo.
A musica tradicional ocupará a Chan de Vide no concello de As Neves.
O vindeiro domingo día 27 de maio, temos a oportunidade de asistir ao Fiadeiro de Vide. Este interesante acto dará comezo ás 17:00 horas, na Chan de Vide. Vide é unha parroquia do concello das Neves. As Pandereteiras Saia de Lá os Gaiteir@s de Vide e a Asociación Cultural Vidense organizan esta festa, onde a musica tradicional é a protagonista. O Concello de As Neves colabora na realización desta actividade cultural.
O 17 de maio, é un ano mais o día grande da nosa lingua, serve para recordar nesta ocasión a obra e vida de Valentín Paz Andrade. Dende estas liñas convidamos a coñecer ao polifacético homenaxeado no seguinte enlace ...
O Alto do Montouto acolle o punto mais alto desta interesante proba.
A Comunidade de Montes de Paraños colabora no deseño do circuíto dunha proba de BTT. O próximo 3 de xuño dará saída dende o torreiro de Paraños esta proba, que conta cun recorrido en dúas voltas de 50 km. A inscrición para poder participar podémola tramitar facendo click no seguinte enlace ...
Un ano mais a misa solemne será celebrada polo bispo da dioceses de Tui ? Vigo.
O Santuario da Franqueira prepara a celebración das pascuillas, que celebraranse o luns, 28 de maio. Dende o 19 de maio comezan distintos actos litúrxicos, que terán o seu momento mais relevante coa celebración da misa solemne, ás 12:00 horas, do día das pascuillas, sendo celebrada polo bispo da dioceses de Tui ? Vigo D. Luis Quinteiro Fiuza