O Santuario da Franqueira prepara a organización da IV Romaria das Familias. O 19 de Xuño é a data escollida para realizar o programa de actos, que comeza ás 13:00 horas, cunha acollida e adoración. Ás 14 horas é o xantar no adro que estará cuberto para a ocasión, despois dunha xornada de convivencia e festa ás 17:00 horas celebarase a eucaristía. O Santuario da Franqueira ofrece actividades ao longo do ano, facendo un esforzo de organización que é ben agradecido polos fieis que acoden aos distintos actos programados para saber mais ...