Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A PEDRA DA AUGA DA PARADANTA
Aquí podemos ver un novo vídeo da FORXA TV. Carmen cóntanos as peculiaridades dunha pedra que esta na serra da Paradanta. A pedra atopase nun lugar máxico, preto dela hai restos de mámoas e no mais alto do monte atopase o lugar onde se di que apareceu a imaxe da Virxe da Franqueira. Din os maiores do lugar que a pedra era utilizada para manipular o tempo, si se necesitaba choiva era cuestión de mollar a pedra, ben por inmersión nun regato próximo, ou ben con musgo. Había que orientala correctamente. No caso de precisar sol era cuestión de poñer a secar a pedra retirando o musgo ou sacándoa do regato, todo isto facíase entre rezos e plegarias. Carmen foi testemuña de todo isto, agradecemos a paciencia que tivo con nós á hora de realizar este vídeo.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-05-2010 10:40
DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN PARAÑOS
O pasado dia 17 de Maio celebrouse o día das letras galegas. A Asociación Veciñal de Paraños, celebrou este dia tan especial para os galegos e galegas, con diversos actos, aquí podemos ver algunha fotos que enviaron.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-05-2010 12:09
TARDE DE FIADEIRO EN VIDE
A Asociación Cultural de Vide, concello das Neves, celebrará unha tarde de fiadeiro. O dia 30 de Maio é a data escollida para celebrar esta merenda serán, ás cinco da tarden na Chan de Vide e con carpa por si chove darán comezo as interpretacións dos grupos asistentes. Os organizadores teñen preparado viño e merenda para as persoas que decidan acudir ao fiadeiro. O Concello das Neves colabora cos veciños e veciñas de Vide.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-05-2010 10:57
SANTUARIO DA FRANQUEIRA
Podemos ver algunhas imaxes do Santuario da Franqueira. Xa esta todo preparado para celebrar as pascuillas do 2010.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-05-2010 23:39
O NOVO BISBO DA DIOCESE TUI – VIGO VISITARÁ A FRANQUEIRA NAS PASCUILLAS
O novo bispo titular da diocese Tui – Vigo o Sr. D. Luis Quinteiro, visitará o Santuario da Franqueira co motivo das pascuillas. O Sr. D. Luis Quinteiro celebrará a misa solemne das 12:00. É a primeira vez que visita o Santuario da Franqueira, non xa ocupando a súa actual responsabilidade, ate o de agora non tivera oportunidade de visitar o santuario.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-05-2010 19:30
VECIÑOS DE PRADO DA CANDA COLABORAN NAS PASCUILLAS DA FRANQUEIRA
Son moitos os veciños e veciñas da nosa aldea, que ano tras ano veñen colaborando nas pascuillas. O próximo 24 de Maio volverá a celebrarse no Santuario da Franqueira o ritual das pascuillas. Centos de fieis das aldeas veciñas acudirán coas súas imaxes ao Santuario. Veciños da nosa aldea colaboran na organización dos acontecementos, entre eles hoxe destacamos a Domingos, o home da imaxe. Domingos leva tres décadas traballando no Santuario. Como Domingos outros veciños que xa non están entre nós tamén colaboraron no bo desenvolvemento da especial xornada deste 24 de Maio.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-05-2010 19:09
PARA OS MAIS CURIOSOS …
O vindeiro 17 de Maio, Dia das Letras Galegas, é dedicado a Uxío Novoneyra. Están programados un feixe de actos por toda Galicia. En todos eles se resalta, como non pode ser doutro xeito, a calidade literaria do homenaxeado. Aquí ofrecemos aos mais curiosos, outra faciana de Novoneyra. Escoitade con atención á narradora do vídeo que vos ofrecemos, fai referencia a un artigo de Uxío Novoneyra, daquela presidente da asociación de escritores en lingua galega, redactado co motivo da chegada do cadaleito de Castelao a Santiago de Compostela.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-05-2010 21:48
O CENTRO SOCIO CULTURAL DE PRADO DA CANDA CON POSIBLES HUMIDADES
O Centro Cultural de Prado da Canda, semella ter humidades. O edificio leva pechado dende que a construtora rematara os traballos. Moitos veciños e veciñas asómanse as portas, por curiosidade, e observan que no interior da construción pode haber humidades. O feito de estar tanto tempo pechado, impide a ventilación dos espazos interiores e como consecuencia o correcto secado de paredes e teitumes. As manchas de humidade afectan á teitume, que de seguir así tamén pode afectar ás paredes. As autoridades municipais deberían darlle solución a este problema, e co bo tempo abrir o Centro Socio Cultural co fin de que respire.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-05-2010 21:30
ÉXITO DA MARCHA REIVINDICATIVA Á COTODEIRA
Tanto a Asemblea do Suído como ADENCO valoran positivamente a participación da cidadanía, que acudiu o pasado día nove á chamada de ámbalas dúas organizacións. A marcha pretende chamar a atención das autoridades co fin de protexer este espazo natural da especulación. Os colectivos organizadores da marcha, manifestan que “queremos incidir nun feito: coa deterioración do noso patrimonio histórico e ecolóxico, poñemos en xaque non só a transmisión da nosa cultura como fonte de información e como forma de estar na Terra, senón que tamén poñemos en perigo a nosa propia permanencia nela”. Tamén din que “instamos á Administración galega, a que dunha vez dea o paso para que estes lugares sexan conservados tal e como agora son e os integre sen máis dilación na rede Natura 2000, como os novos LIC (Lugares de Interese Comunitario) Serra do Suído, río Oitavén e Verdugo e como a ampliación do LIC río Tea”.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-05-2010 17:57
OS VECIÑOS DE PARAÑOS HOMENAXEAN A UXÍO NOVONEYRA
A Asociación Veciñal de Paraños organiza, co motivo do dia das Letras Galegas, diversas actividades que darán comezo o dia 8 de Maio ás 11:00 horas cun obradoiro artístico para todas as idades. Se fai tamén unha saída, para recoller material coa finalidade de facer un maio, o dia 16 ás 17:00 horas. As actividades previstas rematarán o dia 17 ás 11:00 horas coa confección do maio, ás 17:00 horas o escritor Alberte Momán dará unha charla sobre a poesía de Uxío Novoneyra ao rematar Servando Barreiro, cantautor, interpretara boa parte so seu repertorio. Tódalas actividades se realizarán no Centro Cultural de Moeiros. Podedes ver o cartace da convocatoria no taboleiro de anuncios.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-05-2010 14:29
ADENCO E A ASEMBLEA DO SUÍDO QUEREN PROTEXER A COTODEIRA
As grupos ecoloxistas, ADENCO e a Asemblea do Suído, organizan unha visita guiada a Cotodeira. Con esta visita se reivindican os valores naturais, culturais e paisaxísticos da Cotodeira, ameazados pola instalación dunha canteira. Se visitarán o foxo do lobo da Chan de Anduriña, único duplo do pais, os humedais do Monte Maior incluídos na proposta de ampliación da Rede Natura 2000 e o Coto da Eira, que a 884 metros de altitude permítenos ver o mar. A saída é o Domingo día 9 de Maio, ás 11:00 da mañá, a subida comeza dende a estrada forestal que une Bustelos con Ventin, concello de Fornelos. Para as persoas que queden a xantar en Mondariz Balneario, hai prevista unha visita guiada ao Balneario.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-05-2010 00:11
A COMUNIDADE DE MONTES PREPARA A ASEMBLEA XERAL
A Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Prado da Canda, prepara a próxima Asemblea Xeral Ordinaria do 2010. A dia de hoxe aínda non hai unha data concreta, que non a de pasar do mes de Xuño. O orde do dia esta sen definir, de seguro que contará cos temas que ate agora se levaron nas convocatorias anteriores. A actualización de comuneiros, o presuposto e a liquidación de contas son temas que non faltarán á cita.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-05-2010 12:21
1 [2]
© by Abertal