Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EDITORIAL
O Centro Socio Cultural de Prado da Canda esta xa rematado. Esta obra é o resultado dun esforzo colectivo, o esforzo dos veciños e veciñas, que a través da Asociación de Veciños, artellaron a estratexia que permitiu ver realizada unha vella demanda da nosa aldea. Agora é o momento da veciñanza, é o momento de asumir responsabilidades, agora o debate esta aberto en que é o que se fai con este edificio. Tanto a Asociación de Veciños como a Comunidade de Montes, así como calquera outro colectivo da nosa aldea, teñen diante súa unha boa oportunidade, non é cuestión de satisfacer demandas persoais, senón de establecer un uso racional do Centro Socio Cultural de Prado da Canda.
O edificio carece do mobiliario e a día de hoxe non conta con subministro eléctrico, a pesar das continuas promesas do Concello, promesas que puñan de manifesto a pronta conexión do Centro Socio Cultural á rede eléctrica. Coa construcción do Centro Socio Cultural, o Concello cumpriu a súa responsabilidade que non é outra, que satisfacer as demandas veciñais. Só lle falta, ao Concello, rematar esta obra, algo tan sinxelo como darlle luz.
Cumpre recordar a nosa ultima editorial, editorial do numero catro deste boletín, alí recordabamos os despistes do Concello, o ano pasado esquecerase de poñer luminarias de Nadal na nosa aldea, este ano acordouse, e a nosa aldea como as demais, tamén gozou do Nadal do Concello. Esta ben isto da luminaria, pero cumpre recordar que o Centro Socio Cultural carece de electricidade, e tamén cumpre recordar que a luz publica é iso publica, non cabe xogar ao favor dos farois postas nun sitio determinado ou noutro, tratase de ofrecer o mellor servicio que cubra as necesidades da veciñanza de Prado da Canda, como en calquera outra aldea de Covelo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-04-2011 11:11
PASCUILLAS NA FRANQUEIRA
O Santuario da Franqueira deu a coñecer o cartace que anuncia as Pascuillas do 2011. O 13 de Xuño, é o día en que se celebra esta importante celebración relixiosa. As parroquias veciñas do Santuario e outras mais lonxanas, acoden en peregrinaxe coas súas imaxes mais representativas á Franqueira. É unha manifestación popular de cariño á Virxe, nas súas diferentes advocacións. No taboleiro de anuncios podedes ver o cartace co programa de actos. O Sr. Bispo da diocese D. Luís Quinteiro, acudirá a celebrar a eucaristía das 12.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-04-2011 12:00
ROSCA E VIÑO NA SEMANA SANTA DE PRADO DA CANDA
A Semana Santa queda atrás, un pequeno espacio no calendario laboral. Este espacio é aproveitado por moitos para desconectar da rutina laboral. En Prado da Canda os fieis entregáronse á celebración dos actos relixiosos, cumpre destacar entre eles a celebración do Sábado Santo. A celebración comezou ás 23:30, sendo como é unha hora tardía, o templo acolleu a un numeroso grupo de fieis, a auga e o lume protagonizarón esta noite, ao rematar os actos litúrxicos, os fieis compartiron rosca e viño na Casa da Obra. A musica animou á parroquia asistente, que celebrou con alegría a resurrección do Señor. Aquí unhas fotos ...




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-04-2011 12:49
VISITA GUIADA AOS CHOZOS DA SERRA DO SUÍDO
O vindeiro domingo 17 de abril, membros de Verdegaia, ASCEL e Asemblea do Suído organizan unha ruta polos chozos, e unha visita a un dos foxos de lobo da Serra do Suído, situada nos concellos pontevedreses da Lama, Fornelos de Montes e Covelo e ourensáns de Avión e Beariz. Os chozos son os restos dun modo de vida tradicional que perdurou (e perdura aínda en parte) nesta Serra do Sur da Dorsal galega. Os chozos son unhas construccións que protexían aos pastores das inclemencias climáticas e os foxos son unhas antigas trampas medievais que se empregaban para cazar lobos. A persecución do gran carnívoro naquela época foi espectacular. Na actualidade, nesta Serra pervive aínda o lobo e parte da cultura asociada. Citarémonos ás 9:00 h diante da estación de bus de Pontevedra e ás 9h45 diante do concello da Lama (para os que veñan dende Covelo, quedaremos tamén ás 9:45 h diante do concello de Covelo). O percorrido durará até a hora de comer, realizando pola tarde a visita ao foxo do lobo e a algunha das características turbeiras da Serra. Os guías son: Pablo Sierra, Alexandre Cendón e Rubén Portas
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-04-2011 21:58
A POZA CONTRA INCENDIOS VOLVE A ESTAR CHEA

A chegada do bo tempo, fai que a Comunidade de Montes de Prado da Canda, volva a encher a poza contra incendios. O perigo de sufrir incendios asociados á boa climatoloxia fai que se extremen as precaucións. A Comunidade de Montes ven de encher a poza contra incendios, que durante o inverno estivo sen auga. Debido a unha pequena fisura na estructura, que producía fugas, e para facilitar a reparación da mesma, a poza tivo que ser baleirada. Agora coa muda da climatoloxía, procedeuse a encher de novo a poza e mellorouse o entorno facendo un bebedeiro para o gando.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-04-2011 21:21
SEMANA SANTA EN PRADO DA CANDA

A parroquia de Prado da Canda empeza a preparar a Semana Santa do 2011. As celebracións comezan co Domingo de Ramos e rematan o Domingo de Resurrección. As celebracións contarán de seguro coa participación dos veciños e veciñas de Prado da Canda, que colaboran de xeito activo nos actos propios da Semana Santa. Aquí os horarios dos actos relixiosos.


AQUÍ PODEMOS VER ALGO DA SEMANA SANTA DO ANO 2010




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-04-2011 12:28
© by Abertal