Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A TDT CHEGA CON DIFICULTADE A PRADO DA CANDA.
Os veciños da nosa aldea non ven tódolos canais que ofrece a TDT. Nalgunhas casas se ten que tentar reorientar a antena da televisión para poder ver tódolos canais. A pesar de ter comprado os decoficadores, semella que non é gasto suficiente, agora tamén lle toca ás antenas.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-04-2010 13:47
A COMUNIDADE DE MONTES QUERE RECUPERAR UNHA PONTE.


A limpeza que se ven de realizar no monte comunal deixou ao descuberto unha pequena ponte. Esta ponte esta no antigo camiño que une A Caniza e Prado da Canda. En tempos tamén era utilizado para levar a imaxe da Virxe do Rosario e a San Sebastian das Achas á Franqueira. Unha das prioridades da Comunidade de Montes é a recuperación e conservación do patrimonio etnográfico da nosa aldea.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-04-2010 12:32
OS VECIÑOS DE ANGUDES ORGANIZAN UN SERÁN.


A Asociación Cultural O Garabano, de Angudes, concello de Crecente, organiza un serán. O torreiro da festa é o lugar escollido para a realización da festa. Músicos e bailadores teñen en Angudes unha boa ocasión para divertirse, o lugar esta cuberto.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-04-2010 07:42
SEMANA SANTA EN PRADO DA CANDA.


Atrás queda a Semana Santa. A choiva impediu a saída de procesións. A pesar do mal tempo, os fieis da parroquia, acudiron á celebración dos distintos actos relixiosos. Aquí temos unhas fotos da celebración da Vixilia Pascual. O lume e a auga son dous protagonistas desta liturxia, onde se celebra a resurrecion do Señor. O templo queda coas luces apagadas e no atrio faise un lume, unha vez bendicido serve para alumear o cirio pascual, os fieis alumean cada súa vela neste cirio, todos xuntos entran no templo, despois dos rituais as luces do templo, volven a alumear, simbolizando así a luz da resurrecion. O intenso frío non foi quen de impedir a asistencia dun bo numero de fieis. Despois da celebración da liturxia, os fieis disfrutaron de viño e rosca na Casa da Obra.


PARA SABER MAIS ...

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-04-2010 00:37
A COMUNIDADE DE MONTES SEGUE DE LIMPEZA.
Aproveitando os traballos de limpeza que se están a realizar no monte comunal, coa finalidade de acondicionar o terreo para a nova plantación, a Comunidade de Montes acondicionou corta lumes no monte, limpou os arredores do deposito da auga da traída e tamén limpou o treito que une a pista que leva ao curro, cos cotos da Bouza.
Comentarios (3) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-04-2010 15:16
[1] [2] 3
© by Abertal