Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A XUNTA DE GALICIA APROBA O PLAN TÉCNICO FORESTAL DE PRADO DA CANDA.


A Consellería de Medio Rural aprobou o 15 de Marzo o Plan Técnico do Monte. Isto supón un paso moi importante ao que a xestión do monte comunal se refire. Despois de ser aprobado en Asemblea Xeral Extraordinario, xa só quedaba este ultimo paso. O Plan Técnico recolle un inventario do que a día de hoxe existe no monte comunal, tamén planifica os usos do monte comunal e establece areas de protección a ter en conta. Tendo o Plan Técnico aprobado se facilita a relación da Comunidade de Montes de Prado da Canda coa administracion.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-04-2010 19:30
A ASEMBLEA DO SUÍDO ORGANIZA UNHA SAÍDA Á SERRA DO SUÍDO.

O grupo ecoloxista de Covelo, Asemblea do Suido, organiza unha saída á Serra do Suído. O punto de partida é a praza de Covelo ás 10:30, o domingo 18 de Abril. Os montañeiros do Club Peña Trevinca de Galicia participan nesta saída. A saída ten como obxectivo dar a coñecer os lugares da serra salvados da predación eólica e mineira, para visitar os chozos de Covelo, a forca do lobo de Campo, as porcas preñas da zona e a poza de Piñeiro. A actividade é aberta á participación de quen o desexe.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-04-2010 16:17
SABIAS QUE …


Os franceses pasaron por Prado da Canda. No ano 1817 o Prior de Santiago de Prado da Canda na Encomenda de Beade, Frai Don Juan Benito Fernández, solicitou a reposición das roupas e dos obxectos de culto. A queixa ben dada despois de que as tropas francesas entraran na igrexa e roubasen. Despois dun tempo a parroquia recibe a visita do Señor Frai Don Pedro Balboa e Lamas do hábito e Sagrada Relixión de San Xoán de Xerusalén, Visitador Ordinario que se encarga de dar fe do roubo cometido polos franceses e establece que se repoñan o Copón, as casullas brancas, verdes e moradas así como as correspondentes albas.. Nesta visita tamén se toma a decisión de restaurar o coro xa que o mesmo ameazaba ruína. O pasado día 28 de Marzo, a cidade de Vigo celebrou a reconquista. A Asociación de Veciños do Casco Vello realizou unha representación dos acontecementos históricos. Algúns veciños de Prado da Canda colaboran coa representación. Como nos feitos históricos reais, ao día de hoxe os veciños de Prado da Canda colaboran tamén na expulsion do exercito napoleónico.

PARA SABER MAIS ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-04-2010 11:17
PARA REFLEXIONAR ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-04-2010 21:18
A COMUNIDADE DE MONTES SOLICITA AXUDAS.


A Comunidade de Montes solicitou unha subvención para acondicionar a Fonte dos Loureiros e o seu lavadoiro, o muíño do Campado e a fonte do mesmo nome, o lavadoiro da Aldea de Abaixo e mais a Forxa do Ferreiro. Estes elementos están na Aldea de Abaixo, en Prado da Canda. A comunidade de montes solicitou as axudas diante da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), entidade adscrita á Xunta de Galicia. Con esta subvención se pretende poñer en valor estes elementos de arquitectura popular.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-04-2010 20:56
[1] 2 [3]
© by Abertal