Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS ANIMA A FACER MAIS SOCIOS


A Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda comeza unha campaña para facer mais socios. O tecido asociativo de Prado da Canda precisa medrar, para conseguir este obxetivo a Asociación vai facer unha campaña que consistira en dará coñecer os traballos realizados nos últimos anos. Se publica un cartel que será colocado na aldea e ademais tamén en internet. Se espera animar ás persoas que a dia de hoxe non son socios a colaborar co colectivo veciñal, que a pesar da súa xuventude, e limitación orzamentaria, pode presentar un bo numero de obxetivos cumpridos. A pesar disto aínda queda moito por facer. Cada ano se somete a aprobación da Asemblea Xeral un plan de traballo, onde se fixan os obxetivos tanto anuais como plurianuais.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-04-2010 22:42
A AVV DE PRADO DA CANDA PODE ACONDICIONAR A FONTE DA ALDEA DE ARRIBA
O Concello do Covelo deu o visto bo para acondicionar a fonte da Aldea de Arriba. A Asociación de Veciños xa pode pois comezar cos traballos a realizar, entre outras cousas se mudará o revestimento da fonte, a dia de hoxe é de azulexo e sera remplazado por pedra do pais, limpárase o interior do lavadoiro e se canalizará a auga. A Asociación de Veciños aprobou en Asemblea Xeral estes traballos. En canto a empresa construtora poida, darán comezo aos traballos que permitan dar lustre á Fonte da Aldea de Arriba.


PARA SABER MAIS
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-04-2010 18:43
VÍDEO MOI INTERESANTE
Podemos ver este vídeo que nos mostra imaxes do Roteiro Etnográfico do Río Xabriña.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-04-2010 00:07
AS CRUCES DO MONTOUTO
Dende o Alto do Montouto temos unha bonita vista do val. No Montouto hai tres cruces de pedra. Dende antigo sempre se dixo que era un lugar con certas peculiaridades. Como a pedra da auga, que esta nun lugar próximo a este que nos ocupa. Segun contan os maiores do lugar, a pedra da auga servía para manipular á metereloxia. Mais adiante vos enseñaremos que é isto da pedra da auga, é algo mais que o nome dun instituto de Ponteareas.






PARA SABER MAIS ...
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-04-2010 20:48
A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PRADO DA CANDA QUERE MEDRAR.


A Executiva da Asociación de Veciños reunida esta fin de semana aprobou unha nova campaña. A Executiva entende que a pesar de ter unha base de datos con mais de cincuenta socios, aínda se pode medrar mais. Co fin de animar á veciñanza a participar no colectivo veciñal se visitarán as casas onde ao día de hoxe non hai ningún socio. Crearanse carteis para súa colocación na aldea, así como tamén no blogue da Asociación de Veciños. Esta campaña únese a que ate agora se viñan realizando. O colectivo veciñal animará tamén a aquelas persoas que non queiran ser socias a que fagan apartacións esporádicas como teñan a ben facelo, sen estar suxeitos a cotas nin a prazos. Os socios que por calquera motivo deixaron de cotizar a súas cotas, no caso de estar sen emprego se lle fai unha excepción, quedando libres dos pagos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-04-2010 10:56
1 [2] [3]
© by Abertal