Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TRABALLOS FORESTAIS EN PRADO DA CANDA
Os corta lumes do monte comunal son repasados por maquinaria pesada.


Nestes dias visita o monte comunal, unha paleadora de cadeas. A maquina pesada realizará un repaso as pistas da plantación do Alto do Ceo. Estas pistas actúan tamén como corta lumes, polo que é preciso realizar traballos de mantemento. A Xunta Reitora da Comunidade de Montes está atenta aos traballos que se realizan no monte comunal, coa finalidade de que se realicen dun xeito satisfactorio. Aquí deixamos unhas fotos ...


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-03-2015 17:52
SOLICITUDE DE AXUDAS Á XUNTA DE GALICIA
A Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Prado da Canda, solicitou axudas para realizar rozas no monte comunal.





A Comunidade de Montes, como ven sendo habitual nos últimos anos, ven de presentar unha solicitude de subvención diante da Xunta de Galicia. Os comuneiros de Prado da Canda sempre apoiaron estas iniciativas nas sucesivas Asembleas Xerais. A axuda solicitada vai destinada á roza dalgunhas zonas do monte comunal. A primeira finalidade destas rozas é a prevención de incendios e así tamén, chegado o caso, facilitar os traballos de extinción.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-03-2015 12:24
SABIAS QUE ...
De AFONSO VII O EMPERADOR




Sendo Rei, Afonso VII coñecido como o Emperador (1110 – 1157), a condesa Dona Sancha dona a Orden de San Xoán de Xerusalén de Malta as propiedades que no seu dia recibiu do seu marido, o conde Don Afonso como dote da súa voda. Entre estas propiedades figura o Coto Santiago de la Canda. Este pode ser o documento mais antigo que fai referencia a nosa aldea. Non nos atrevemos a analizalo dende un punto de vista histórico, dada a nosa ignorancia neste eido, pero consideramos moi valioso este testimonio que dende a lonxania do tempo chega a nós.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-03-2015 12:17
ENTROIDO NA CAÑIZA
Un ano mais os participantes puxeron toda a ilusión no concurso de comparsas da Cañiza.

O entroido pasou pola nosa comarca, deixando un regueiro de risas e diversión ó seu paso. O entroido presentase baixo distintas formas, dende as comparsas que limítanse a desfilar polas rúas das vilas, ou tamén de xeito individual, onde os enmascarados e enmascaradas visitan as casas da veciñanza. O entroido da Cañiza, organizado polo concello, premia mediante un concurso as actuacións das distintas comparsas, que previamente se apuntaron para participar. Os premios divídense en dúas categorías, infantís e adultos. A imaxinación, as coreografías e a posta en escena, son os criterios que o xurado ten en conta á hora de puntuar aos participantes.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-03-2015 17:00
© by Abertal