Atrás quedan as xornadas gastronómicas da Cañiza, dedicadas nesta ocasión ao lacón con petelos. Unha amplia axenda cultural con diversos actos, ocuparon o tempo daquelas persoas que decidiron acudir a esta interesante cita. A exposición de fotos antigas, o viaxe no tempo proposto pola Asociación Cultural o Cuvil doa Mouros foron moitos dos acontecementos culturais nesta fin de semana na Cañiza. Aquí deixamos un par de fotos do serán celebrado na rúa do Carme, onde por unha noite resoaron as vellas cantigas.
Colectivos veciñais cañicenses organizan unha viaxe no tempo moi interesante.
A Asociación cultural o Covil dos Mouros da Cañiza convídanos a viaxar no tempo durante esta fin de semana. Unha interesante axenda que inclúe un serán para o domingo dez a seis, pola tarde, a partir das dez a sete horas, na Rúa do Carme. A vestimenta dos anos vinte será un dos principais atractivos, onde tamén se poderán ver fotos antigas.