Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN TÉCNICO MUNICIPAL VISITOU PRADO DA CANDA

O Concello de Covelo mostra interese polo camiño da Arigua.

Na semana pasada o capataz de obras do Concello de Covelo, visitou o camiño da Arigua. A visita prodúcese despois de que a Asociación de Veciños solicitase, mediante escrito, a mellora do firme e mais a canalización das augas pluviais. O técnico recoñeceu verbalmente a necesidade da obra, que segundo as súas estimacións, o seu orzamento, podería chegar aos cincuenta mil euros. Recoñece que tampouco é preciso a cesión de terreos para poder acometer os traballos de mellora do camiño, dado que ten o ancho suficiente, aínda que salientou a imposibilidade de que o Concello puidese asumir os gastos derivados pola caida de muros, tendo os propietarios dos mesmos que asumir este risco. Esta ultima observación vén dada pola mala situación económica que padece o Concello de Covelo.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-03-2013 15:40
ENTREVISTA NO SANTUARIO DA FRANQUEIRA
O crego reitor do Santuario Xavier Do Campo, ofrece unha entrevista explicando o Ano Xubilar da Franqueira.


O Santuario da Franqueira celebra o Ano Xubilar. É moita a curiosidade que esperta a celebración deste acontecemento. O crego reitor do Santuario non tivo reparos á hora de realizar unha entrevista para este blogue, aquí deixamos o vídeo desta entrevista.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-03-2013 12:15
MERENDA DE RAMOS EN PRADO DA CANDA
O colectivo veciñal da nosa aldea quenta os ánimos de cara ao domingo de ramos.


A Asociación de Veciños organiza unha pequena merenda para o próximo sábado, dia 23 de marzo.
O colectivo veciñal de Prado da Canda pretende facilitar un punto de encontro distendido, utilizando así o Centro Socio Cultural da nosa aldea. O chocolate e mais as voces dos voluntariosos cantores darán calor a esta noite previa ao domingo de ramos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-03-2013 12:36
SENDEIRO EN PARADA DE ACHAS

A Comunidade de Montes de Parada de Achas realizou unha importante labor á hora de preparar este interesante roteiro.

A Comunidade de Montes de Parada de Achas vén de dar a coñecer o Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva. Cunha merenda, o pasado venres dia oito, a mencionada comunidade de montes presentou á veciñanza o seu roteiro polo Val de Parada de Achas. Debidamente sinalizado ofrecésenos un sendeiro de 18 kilometros, que dá a coñecer petos de ánimas, levadas, muíños, fragas e calzadas de pedra, elementos, que ate o de agora só eran coñecidos polos veciños da zona. O punto mais alto desta interesante ruta é o Coto da Vella, onde podemos contemplar unha ampla panorámica. Na imaxe podemos ver ao presidente da Comunidade de Montes, Cesar Estevez dando a coñecer un dos paneis informativos da ruta. Aquí deixamos unha reportaxe da TVG.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-03-2013 21:37
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0