Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SEMANA SANTA EN PRADO DA CANDA

Un Vía Crucis nocturno é a principal novidade da Semana Santa para este ano.




O domingo de ramos, día 1 de abril comezan os actos litúrxicos da Semana Santa en Prado da Canda. O primeiro acto é as 9:45 da mañá, coa bendición dos ramos, procesión e celebración da eucaristía. A parroquia ofrece un programa coas distintas celebracións a realizar durante estes días. Este ano como novidade, aparece programado para o venres santo, día 6 de abril, un Vía Crucis interparroquial, dará comezo as 21:00 horas tendo a saída na Fonte da Prata ate o Santuario da Franqueira. Convidase aos asistentes que acudan cada quen cunha cruz, todo isto sempre que non chova, no caso da presencia da necesitada auga, o acto realizarase no Santuario da Franqueira.


Aquí podemos ver unhas fotos da Semana Santa do 2011
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-03-2012 13:59
O CONCELLO DE COVELO QUERE AFORRAR EN LUZ
Serán suprimidos puntos de luz e baixará a potencia dos que queden.

O Concello de Covelo solicita a comprensión e a colaboración da veciñanza de cara ao recorte que supón a revisión do alumeado público. O Concello de Covelo conta con 1.461 puntos de luz diseminados polas catorce parroquias do noso municipio, algúns deles fora dos núcleos de poboación, esto segun dí o Alcalde, supón un custe inasumible. O Concello en colaboración coa Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, elaborou un Plan de Austeridade na Iluminación Pública. O mencionado plan ten tres piares onde se apoia: diminución de puntos de luz, baixar a potencia dos que continúen prestando servicio e revisión das potencias contratadas. O Alcalde asegura que estas medidas darán como resultado un importante aforro económico.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-03-2012 13:19
OS ANOS 20 E 40 NA CAÑIZA
Os utensilios dos antepasados tomaron por un día a Praza Maior da Cañiza.


A chuvia pasou timidamente pola nosa terra. A pesar da desexada presencia do húmido e necesario fenómeno climatolóxico, moitas persoas decidiron vestirse como nos anos 20 e 40. A carpa protexeu aos asistentes, que puideron ver arados, sementeiras, ferramentas e utensilios utilizados polos nosos avós. Aquí deixamos unhas fotos do acontecido ...


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-03-2012 23:41
A ASEMBLEA DO SUÍDO PRESENTA UNHA INICIATIVA NO CONCELLO DE COVELO
Os ecoloxistas de Covelo, solicitan a aplicación orixinal da superficie a protexer na Serra do Suído.


A Asemblea do Suído presentou alegacións solicitando a ampliación da Rede Natura 2000. A Xunta de Galicia reduciu considerablemente o espacio orixinal a protexer na Serra do Suido. Casualmente as superficies retiradas da proposta orixinal coinciden cos intereses dos promotores eólicos e as empresas mineiras. Os ecoloxistas de Covelo consideran unha ameaza para o hábitat da zona, a considerábel perdida da superficie a protexer, dado que sen pon en perigo todo o ecosistema. Tampouco se entende que a propia Xunta Galicia, renuncie á protección inicialmente presentada, que ofrecía unha superficie de protección moito mais extensa. A Asemblea do Suído presentou unha iniciativa no Concello de Covelo. Coa finalidade de que a corporación defenda a protección do ecosistema do Suído diante da Consellería de Medio Rural.


Para saber mais ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-03-2012 12:55
O BISPADO DE TUI – VIGO RECUPERA A RECTORAL DE PARAÑOS
A rectoral de Paraños foi mantida en pé, gracias á colaboración xenerosa dos fieis da parroquia.


A rectoral de Paraños volve a ser da Dioceses Tui – Vigo. Un imputado no caso retablo devolve a casa ao bispado. A desconformidade da veciñanza de Paraños, coa venta da casa, foi quen de descubrir toda unha trama de intereses na Consellería de Cultura, concretamente na rehabilitación do patrimonio sacro. No caso retablo hai imputados destacados membros da igrexa, como o anterior bispo da dioceses. Once son os imputados neste caso de suposta corrupción. O camiño emprendido no seu día pola Asociación Veciñal de Paraños semella comezar a dar os seus froitos.



Para saber mais ...

Para recordar ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-03-2012 12:44
VIAXE NO TEMPO NA CAÑIZA
A Cañiza volverá a vivir por un tempo os anos 20 e 40 do século pasado.


O domingo, 18 de marzo, a Cañiza viaxará no tempo aos anos 20 e 40. No marco da festa gastronómica do Lacón con Petelos, os organizadores convidan aos asistentes a que acudan vestidos con roupas propias dos anos 20 e 40. Un pasarrúas pola Cañiza e un baile propio daquela época, son os actos que darán a oportunidade aos que asistan así vestidos, de poder mostrar as súas mellores galas. Ás 16:00 horas comezará o paseo, unha hora despois, poderemos asistir a unha muiñada tradicional, ás 18:00 horas será o momento de mover o esqueleto. Tamén hai prevista unha entrega de premios ao mellor traxe da época, nas categorías de familia, individual ou parella. Na foto podemos ver unha imaxe dunha familia daquela época.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-03-2012 12:38
MAIS PROTECCIÓN DA SERRA DO SUÍDO
Os ecoloxistas de Covelo, esixen unha ampliación xenerosa da rede Natura 2000.

A Asemblea do Suído vén de anunciar a súa próxima actividade, que ten como finalidade, reclamar a protección da serra fronte ás ameazas de construcción de máis parques eólicos, minicentrais hidráulicas e canteiras. Os ecoloxistas de Covelo convídannos para o vindeiro domingo, 18 de marzo. A hora de partida é ás 10:00 horas na Praza do Mestre Cerviño, en Covelo. Os organizadores aconsellan aos que acudan que leven comida, roupa e calzado apropiado.

Para saber mais ...

Folleto explicativo da ruta ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-03-2012 21:33
ENTREVISTA INTERESANTE NO CANAL TEA
Aquí deixamos unha entrevista realizada no canal tea, coa captación de caudal do río Calvo como protagonista.






PARA SABER MAIS ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-03-2012 13:04
XORNADAS GASTRONÓMICAS NA CAÑIZA
O lacón tómalle prestado o protagonismo destas xornadas, ao xa mitificado xamón da Cañiza.



Os dias 17 e 18 de marzo, a Asociación de Hosteleiros e Productores do Xamón da Cañiza, organizan a IV Festa Gastronómica do Lacón con Petelo. No Diario da Cañiza pódemos ver o programa completo das dúas xornadas. Nesta interesante iniciativa colaboran o Concello da Cañiza, a Asociación Cultural Furafollas de Oroso e ÁGORA A Cañiza.

Enlaces onde podemos informarnos desta iniciativa:

Asociación de Hosteleiros e Productores do Xamón da Cañiza

Diario da Cañiza
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-03-2012 13:53
© by Abertal