A Comunidade de Montes de Prado da Canda solicita á Xunta de Galicia, o control e a retirada, se fose preciso, do gando ceibe do monte comunal de Prado da Canda. A Executiva da Comunidade de Montes enviou un escrito á Consellería de Medio Rural, solicitándolle a vixianza da presencia de gando ceibe. A Executiva valora que no ultimo ano incrementouse a presencia de gando no monte comunal, que na maioría dos casos é propiedade de persoas que non son comuneiros en Prado da Canda. A consecuencia da presencia deste gando ceibe e ao aumento de cabezas, a nova plantación resultou moi afectada. A Executiva tamén valora que a Comunidade de Montes fixo todo o posíbel para que o gando ceibe contase cun lugar apropiado para pastorear, como é o propio pastizal, recentemente pechado e limpado.
O Alcalde da Caniza, o Sr. Cesar Mera foi quen entregou os premios ás comparsas que gañaron na ultima convocatoria do Entroido da Caniza. Antes tivo que escoitar as criticas que dende os disfraces lle lanzaron os pirachas. Os pirachas romperon co clima festivo do Antroido canícense, que sen deixar a festividade, converteron por un momento o Entroido nun acto reivindicativo. Aquí podemos ver un vídeo