Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O VENTO DEIXOU O SEU SINAL NO MONTE.
Os fortes ventos que visitaron a nosa terra deixaron o seu rastro no monte. No Alto de Fontefria podemos ver algunhas arbores tombadas. As arbores enfermas e as mais débiles caeron diante da forza do vento. Nalgunhas casas, as caneletas de desaugues e algunhas tellas sufriron a forza do vento.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-03-2010 10:47
A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SOLICITA UNHA REUNIÓN CO ALCALDE DE COVELO.


A AVV Santiago de Prado da Canda solicitou unha reunión co Alcalde de Covelo. A Asociación de Veciños entende que o dialogo, é unha ferramenta que pode dar solución aos problemas que a nosa aldea padece. Na reunión se pretende poñer en coñecemento da autoridade municipal as inquietudes do colectivo veciñal. Entre outros temas, se falará da inauguración e usos do Centro Socio – Cultural, e en que estado se atopa o remate das obras. O estado do alumeado publico estará presente tamén entre os temas que a Asociación de Veciños levará á reunión.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-03-2010 15:35
A COMUNIDADE DE MONTES VISITA OS TRABALLOS NO MONTE COMUNAL.




O Presidente da Comunidade de Montes de Prado da Canda, visitou os traballos que no monte comunal esta a realizar a empresa forestal Braña S.C.L. Mauricio estivo acompañado por outros membros da Xunta Reitora. Antonio, enxeñeiro forestal de Braña, explicoulle á Xunta Reitora como se están a desenvolver os traballos. Aproveitouse a visita ao monte comunal para establecer labores de desbroce que tamén realiza Braña, limpeza e creación de corta lumes. Os traballos se están a realizar dentro dos tempos previstos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-03-2010 15:14
EMPEZAN OS TRABALLOS DA NOVA PLANTACIÓN NO MONTE COMUNAL



A Comunidade de Montes comezou cos traballos da nova plantación do monte comunal. A empresa Braña comezou co desbroce do espacio que ocupa a nova plantación, neste caso é o Alto do Ceo. Os traballos se realizan ao amparo dunha subvención da Xunta de Galicia. A subvención foi solicitada no seu día pola Comunidade de Montes.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-03-2010 22:55
A COMUNIDADE DE MONTES SOLICITA SUBVENCIÓNS.
A Comunidade de Montes da Prado da Canda, ven de solicitar unha subvención para realizar traballos silvícolas no monte comunal. Esta xa é unha das moitas veces que a Comunidade de Montes acode a estas axudas, polo de momento non se conseguiu a concesión das mesmas. O monte precisa a realización destes traballos, xa que contribúen a súa conservación e mantemento.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-03-2010 13:46
© by Abertal