O Alcalde de Covelo, Pablo Castillo, anunciou na reunión celebrada coa Asociación de Veciños o acondicionamento do camiño da Arigua e do camiño da Costa. O Alcalde recoñeceu o deterioro que padecen ámbolos dous camiños, aínda así non anticipou unha data concreta de cando se van a iniciar estes traballos. O colectivo veciñal contempla con ilusión as obras que permitan a mellora destes camiños, sendo o da Arigua unha vella demanda da veciñanza de Prado da Canda.
Despois dun ano de negociacións firmouse un acordo satisfactorio para a Comunidade de Montes de Prado da Canda.
A Comunidade de Montes ven de asinar un acordo coa compañía eléctrica Unión Fenosa. Despois dun ano de negociacións ámbalas dúas partes chegaron a un acordo. A compañía eléctrica vai facer uns traballos de mellora da rede de abastecemento de media tensión, que pasa por terreos comunais. A Comunidade de Montes fixo valer os dereitos dos comuneiros, sobre os terreos onde se van a facer as intervencións precisas por parte de Unión Fenosa.