Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O ALCALDE RENUNCIA Á DEDICACIÓN EXCLUSIVA

Xosé Costa renuncia a un salario de tres mil cento e corenta e nove euros brutos en catorce mensualidades.

O alcalde de Covelo, Xosé Costa Díaz, convocou para hoxe un Pleno Extraordinario, ás dez da maña. A convocatoria plenaria contaba cun só punto na Orde do Día. O alcalde someteu ao Pleno a súa renuncia á dedicación exclusiva da que viña dispoñendo. A convocatoria plenaria foi só un mero tramite, dada a maioría absoluta da que dispón o grupo municipal que sustenta a alcaldía. O alcalde pasa a ser un pensionista dada a súa xubilación que por idade lle corresponde. A día de hoxe descoñecemos si isto leva consigo a retirada de Xosé Costa, algo que só o futuro nos aclarará.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-02-2014 13:12
TOUTÓN, CAPITAL DA MÚSICA TRADICIONAL POR UNHA NOITE

As pandeireteiras de Toutón organizaron, con éxito, un ano mais o serán mais grande do mundo.

O serán de Toutón, o mais grande do mundo, non só pola ampla carpa que ofrece, se non tamén polo numeroso publico que asiste. Moitos son os grupos que se acercaron un ano mais a esta parroquia do municipio de Mondariz. Os dez a oito anos que de xeito continuo se celebra este serán, o converten nunha cita consolidada, nas axendas dos amantes de pasar un bo rato ao son da música tradicional. Aquí deixamos un vídeo, coa actuación dun dos numerosos grupos que acudiron a Toutón.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-02-2014 18:47
VENTO, CHUVIA E NEVE NA PARADANTA
O inverno, especialmente duro, pon a proba aos servizos de emerxencia.

O vento, a chuvia e mais a neve son os tres fenómenos meteorolóxicos, que baixo a denominación ciclo xéneses explosiva, visita a nosa terra deixando, tras da súa intensa visita, un gran número de danos materiais e mesmo se ten cobrado algunha vida. A nosa comarca non é allea a esta situación climática. Os rios anegan as ribeiras, os regatos fan un tanto do mesmo saíndo da súas cuncas. O vento chega con forza tirando piñeiros ou tronzando as ponlas mais débiles, mesmo chega a arrincar as aspas dos muíños. A neve, de momento ten sido a que menos presencia tivo por estas terras, deixando tras de si unha débil paisaxe branca. Aquí deixamos unhas fotos destes dias tormentosos.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-02-2014 12:27
SABIAS QUE ...
Hoxe en día temos a nosa disposición unha amplía rede de sendeiros. A maioría debidamente sinalizados e homologados. O que en tempos eran camiños obrigados no desenvolvemento das labores propias do agro, convertéronse en paseos mais ou menos domesticados. Dende logo é moi interesante ver aos sendeiristas percorrer as corredoiras nunha cerimoniosa e respectuosa comuñón co medio ambiente. Para aquelas persoas interesadas podemos convidalas a descubrir outros roteiros. Estes camiños que convidamos a percorrer non están sinalizados o que é garante dunha boa aventura no medio natural. Non están saturados aínda pola presencia masiva de excursionistas. Aquí deixamos unhas fotos das Poldras do Cabalar no río Deva, na Cañiza, animo porque paga a pena a súa visita, non podemos calificar a súa dificultade dado que non esta homologado, o que si sabemos é que xa os mais maiores do lugar facían esta ruta.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-02-2014 20:51
O SERÁN MAIS GRANDE DO MUNDO
As Pandereteiras de Toutón non aforrarán esforzos para que non falte de nada neste multitudinario serán.

Toutón volve a ser unha vez mais o referente da música tradicional da nosa comarca. O serán mais grande do mundo chega a súa maioría de idade, son xa dez e oito as edición deste mais que consolidado evento musical. As Pandereteiras de Toutón organizan este acontecemento cultural, que é referente na axenda dos amantes das cantigas e dos instrumentos tradicionais.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-02-2014 16:45
1 [2]
© by Abertal