Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SENDEIRISMO EN PRADO DA CANDA



Os colectivos da nosa aldea preparan con ilusión unha andaina polo monte comunal.

A Comunidade de Montes e mais a Asociación de Veciños de Prado da Canda preparan unha andaina. A intención desta andaina é dar a coñecer unha parte do monte comunal. Esta actividade realizarase no verán, tentando aproveitar a boa climatoloxía. De momento non esta definido o roteiro da pateada, a tampouco esta decidido si vai ser diúrna ou nocturna. Os interesados poden aportar ideas ou suxerencias a través dos comentarios deste post.

Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-02-2013 16:06
CERCO EN PRADO DA CANDA

Os fieis da nosa aldea sairón un ano mais en procesión.


O cerco deste ano deixanos unhas boas imaxes. Nalgunhas fotografias podemos ver como a natureza pretende abrazar co seu verdor aos poucos, pero animosos fieis, que acudiron á procesión do cerco. Un ano mais o tempo desapacible non foi quen de desanimar aos que levaron un ano mais a San Sebastian, Santa Barbara e San Roque.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-02-2013 20:06
O CONCELLO DE COVELO APROBA O PRESUPOSTO PARA O 2013

O Alcalde aproba un presuposto totalmente axustado aos gastos do Concello.


O Concello de Covelo, aprobou un presuposto de un millón catrocentos mil euros para o dos mil trece. O Alcalde vén de aprobar, coa maioría que lle dan os concelleiros do seu grupo municipal, un orzamento de ingresos de un millón catrocentos mil cincocentos setenta e dous mil euros. Esta cifra coincide exactamente coa previsión de gastos para o mesmo ano. O orzamento de gastos contempla cubrir, entre outros, o soldo do Alcalde, que ascende a tres mil cento e coarenta e catro euros brutos, a percibir en catorce mensualidades. O tenente Alcalde percibirá, mil douscentos noventa e nove euros brutos en catorce mensualidades. O persoal do concello é de vinte e tres persoas. Isto podémolo consultar no BOP numero cinco, editado o martes, día oito de xaneiro do presente, na paxina sete.

ENLACE CO BOP
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-02-2013 14:04
© by Abertal