Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MOVEMENTO DE TERRAS EN FONTEFRÍA

Deterioran unha mámoa e mais unha turbeira na Cañiza, os traballos están paralizados.

As obras estanse a realizar sen ningún tipo de licencia en solo rústico forestal, no vello pasteiro de Achas. Pretenden construír unhas pistas de aterraxe, un aparcadoiro, unhas gradas e unha cafetería carecendo de proxecto e de permisos administrativos, para o club de aeromodelismo ?Vuelo a Vela Fontefría?. A Asemblea do Suído xa denunciou os feitos e púxoos en coñecemento da Gardería Forestal e de Conservación da Natureza da Consellaría do Medio Rural e do Mar, da Xunta de Galicia que xa paralizaron as obras. Os traballos contan co beneplácito e colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, do Concello da Cañiza e das Comunidades de Montes veciñais cañicenses de Achas e de Petán (segundo se desprende da documentación propia e da información da páxina web do club (http://www.vueloavelafontefria.org/noticias.html). As obras (consistentes en grandes movementos de terra) vulneran varias leis e xa danaron un elemento arqueolóxico protexido: unha mámoa ou túmulo megalítico (catalogado e protexido pola Lei de Protección do Patrimonio) e unha turbeira que pretendían entubar (hábitat prioritario en perigo de desaparición, protexido pola Directiva Hábitats e pola Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade). Todos estes traballos carecen dos permisos e licencias correspondentes, tanto municipais como da Confederación Hidrográfica (por afectar aos nacentes do río da Ponte Piñeiros, afluente do Tea), das Consellarías de Medio Ambiente, do Medio Rural e de Cultura.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-02-2012 00:15
O SERÁN MAIS GRANDE DO MUNDO EN TOUTÓN
A parroquia mondarizana remata os preparativos dun serán moi consolidado na comarca.


Unha vez mais as Pandereteiras de Toutón, concello de Mondariz, convídannos ao serán que organizan tódolos anos. Con esta xa van dezaseis edicións, o que confirma que é o serán mais grande do mundo. O Serán dos Namorados de Toutón, celebrase este ano o sábado día 11 de Febreiro. Aquí deixamos un enlace para saber mais ...


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-02-2012 14:15
[1] 2
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0