Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A VIRXE DO ROSARIO NO MAIS ALTO DO TEMPLO EN PRADO DA CANDA
A figura en cantería da Nosa Sra. do Rosario ven a sumarse ao patrimonio escultórico relixioso da nosa aldea.


A escultura da Nosa Sra. do Rosario luce no mais alto da espadana da igrexa de Prado da Canda. A parroquia de Prado da Canda engade un novo elemento ao seu patrimonio. Nesta ocasión a protagonista é unha escultura realizada en cantería. A figura pétrea é a da Nosa Sra. do Rosario, advocación da Virxe María. O primeiro domingo de outubro, celebrase a festividade na nosa aldea, polo que conta cunha gran devoción.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-02-2012 22:46
A VECIÑANZA IMPLÍCASE NO ENTROIDO DE MACEIRA


Pitufos, feirantes, roqueiros e labregos danlle color e calor á praza de Maceira.




O Entroido entrou con forza en Maceira, parroquia do concello de Covelo. A Asociación Veciñal de Maceira organizou este Entroido. Un numeroso publico acercouse a participar nesta primeira edición, os organizadores volcanronse para que todo saíse ben. Pitufos, labregos, feirantes e uns mozos roqueiros deron color a un Entroido moi animado. Chamou especialmente a atención a presencia dun autobús, de Autocares Fadista e un carro de bois, así tamén un cogomelo de grande dimensións. As comparsas dedicaron tempo de traballo a preparar os disfraces. Os organizadores de seguro que quedaron satisfeitos e animados a seguir a traballar pola dinamización de Maceira.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-02-2012 22:46
CATALOGACIÓN DO PETO DAS ÁNIMAS DE PRADO DA CANDA


Unha iniciativa social que só pretende a catalogación e protección do noso patrimonio cultural.



O Peto das Ánimas de Prado da Canda, foi rexistrado no Catálogo Social do Patrimonio Cultural Galego. Este é o primeiro ben cultural, de Prado da Canda, rexistrado nesta interesante iniciativa social, pouco a pouco se poderán engadir mais elementos do noso patrimonio, coa finalidade de dalos a coñecer e así poder exercer unha mínima protección. Podemos ver a catalogación no seguinte enlace ...


Para saber mais:

Galicia Confidencial

Faro de Vigo

El Mundo

Código Cero

Cultura Galega.org



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-02-2012 13:03
PANORÁMICA DENDE OS COTOS DA BOUZA
O mirador natural de Prado da Canda, ofrécenos unhas boas vistas.



Dende os Cotos da Bouza chéganos esta interesante panorámica. Dende este lugar podemos ver unha interesante paisaxe que agora ofrecemos nesta panorámica
fotográfica de 360º. Nesta interesante aplicación podemos ver tamén parte do monte comunal de Prado da Canda. Para ver a paisaxe, compre deslizar o rato sobre a foto, tanto á dereita como á esquerda. Tamén ten posibilidades de zoom, buscando os valores, mais ou menos, na parte inferior da imaxe.
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-02-2012 22:49
O CONCELLO DE A CAÑIZA NON DANA O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO DE FONTEFRÍA
O Alcalde cañizense nega que se puidese prexudicar a mámoa existente en Fontefría.


O Alcalde da Cañiza nega que se danase unha mámoa en Fontefria. O Concello da Cañiza nega que as obras que se estaban a realizar en Fontefria, paralizadas pola Xunta de Galicia, danasen á mámoa alí existente e catalogada. O Concello cañicense afirma a través do seu Alcalde que os traballos alí realizados son obras menores, dado que os promotores pretendían unhas obras mais ambiciosas. Con todo, a Asemblea do Suido, denunciante dos feitos, insiste en que as obras non contan cos pertinentes permisos e licencias, necesarios para acometer estes traballos. Para saber mais ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-02-2012 00:53
O CONCELLO DE COVELO SOLICITA INFORMACIÓN QUE XA TEN

Solicitan información, con ameazas, de dar de baixa á Asociación de Veciños do Rexistro Municipal de Asociacións.


O Concello de Covelo solicita información que xa ten. A Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda recibiu un escrito con data do trece de xaneiro do presente, solicitando o presuposto e o programa de actividades para o ano en curso, tamén solicita a relación de membros da directiva así como o enderezo social da Asociación de Veciños. Este escrito causa sorpresa na directiva dado que o presuposto e o programa de actividades foi entregado no Concello o día nove de xaneiro, é dicir catro días antes que o escrito enviado polo Concello solicitando esta información. Así mesmo dende a directiva recordan que non houbo ningún cambio no enderezo social, e cando mudou a actual directiva isto foi comunicado no seu día ao Concello, como establece a Lei de Réxime Local. Dende a Asociación de Veciños consideran que todo isto debe ser froito dun erro, do contrario, podería ser que alguén, no Concello, non este a realizar ben o seu traballo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-02-2012 23:05
Sabias que ...

A nosa pequena aldea, ten unha interesante historia, historia que se perde na noite dos tempos. Aparecen documentos que fan referencia a Prado da Canda dende moi antigo. Moitos veciños son coñecedores de que Prado da Canda pertenceu en tempos á Orden Militar de San Xoán de Xerusalén. Esta orde recibiu no seu día dos Templarios o coto de Santiago de Prado da Canda, no ano de 1319. Para saber mais, podemos consultar a paxina 58 do seguinte documento :



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-02-2012 17:37
MOVEMENTO DE TERRAS EN FONTEFRÍA

Deterioran unha mámoa e mais unha turbeira na Cañiza, os traballos están paralizados.

As obras estanse a realizar sen ningún tipo de licencia en solo rústico forestal, no vello pasteiro de Achas. Pretenden construír unhas pistas de aterraxe, un aparcadoiro, unhas gradas e unha cafetería carecendo de proxecto e de permisos administrativos, para o club de aeromodelismo “Vuelo a Vela Fontefría”. A Asemblea do Suído xa denunciou os feitos e púxoos en coñecemento da Gardería Forestal e de Conservación da Natureza da Consellaría do Medio Rural e do Mar, da Xunta de Galicia que xa paralizaron as obras. Os traballos contan co beneplácito e colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, do Concello da Cañiza e das Comunidades de Montes veciñais cañicenses de Achas e de Petán (segundo se desprende da documentación propia e da información da páxina web do club (http://www.vueloavelafontefria.org/noticias.html). As obras (consistentes en grandes movementos de terra) vulneran varias leis e xa danaron un elemento arqueolóxico protexido: unha mámoa ou túmulo megalítico (catalogado e protexido pola Lei de Protección do Patrimonio) e unha turbeira que pretendían entubar (hábitat prioritario en perigo de desaparición, protexido pola Directiva Hábitats e pola Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade). Todos estes traballos carecen dos permisos e licencias correspondentes, tanto municipais como da Confederación Hidrográfica (por afectar aos nacentes do río da Ponte Piñeiros, afluente do Tea), das Consellarías de Medio Ambiente, do Medio Rural e de Cultura.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-02-2012 00:15
O SERÁN MAIS GRANDE DO MUNDO EN TOUTÓN
A parroquia mondarizana remata os preparativos dun serán moi consolidado na comarca.


Unha vez mais as Pandereteiras de Toutón, concello de Mondariz, convídannos ao serán que organizan tódolos anos. Con esta xa van dezaseis edicións, o que confirma que é o serán mais grande do mundo. O Serán dos Namorados de Toutón, celebrase este ano o sábado día 11 de Febreiro. Aquí deixamos un enlace para saber mais ...


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-02-2012 14:15
© by Abertal