Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A VECIÑANZA DE PRADO DA CANDA COMPARTE MERENDA E MEMORIA
A xuntanza veciñal que a Asociación de Veciños e mais a Comunidade de Montes de Prado da Canda, convocou a un bo numero de veciños. A planta baixa do centro Socio Cultural de Prado da Canda ficou pequena, debido ao gran numero de asistentes a esta xuntanza. Os asistentes puideron ver en formato dixital unha pequena escolma de fotografías, pertencentes ao Arquivo de Imaxes. O publico que asistiu a este acto participou de forma moi activa, dado que cada quen aportou a merenda que estimou oportuna, compartíndoa con toda a veciñanza. Tortillas, empanadas, queixo, xamón curado, biscoitos e mesmo filloas foron compartidas. Animosas conversas xurdiron coa contemplación das imaxes expostas, recordando como foi a nosa aldea en tempos. A organización ofreceu bebidas de balde e preparou o local para que todo saíse o mellor posíbel. Aquí unhas fotos ...




Comentarios (5) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-02-2011 21:16
ENTROIDO NA LAMOSA
O sábado día 5 de marzo A Lamosa celebrará o entroido. A Asociación de Veciños San Bartolomé de A Lamosa organiza o entroido no local do colectivo veciñal, ás 19:00 horas comezará o festexo. A organización recomenda acudir disfrazados, e pon a disposicion dos concorrentes o seguinte e apetitoso menú, cocido con lacón e cacheira, viño, refrescos café e postres propios do entroido. Todo o mencionado a un módico prezo. Aquí deixamos un enlace para saber mais
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-02-2011 20:31
O RÍO OITAVÉN EN PERIGO
A Asemblea do Suído, organización ecoloxista de Covelo, denuncia a construcción de dous saltos hidroeléctricos no río Oitavén. Dous saltos hidroeléctricos aprobados pola Xunta de Galicia no río Oitavén acabarán cunha colonia de centos de morcegos e botarán por terra a inclusión do río Oitavén na rede natura 2000. O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) declarou o ano 2011 coma o Ano Internacional dos Morcegos, co gallo de lembrar a alarmante diminución das súas poboacións e a situación de perigo de extinción de moitas das súas especies. No río Oitavén existe unha colonia de morcegos con centenares de individuos de cinco especies protexidas. Esta colonia está directamente ameazada pola construcción de dous aproveitamentos hidroeléctricos: Eiras II e Salto do Corope, augas abaixo do encoro de Eiras. Tres especies de morcegos están incluídas no Anexo II da Directiva 92/43 CEE, para as que é necesario designar zonas de especial conservación. Este é un dos motivos que levou ao anterior goberno da Xunta a seleccionar o río Oitavén no ano 2008 para a ampliación da Rede Natura 2000 dentro da Lista da Rexión Atlántica, contando co código de identificación ES1140021 LIC Río Verdugo-Oitavén. Asemade, no mesmo río está presente un micromamífero acuático, o Galemys pyrenaicus, incluído no Anexo IV (referido a aquelas especies de interese comunitario que requiren unha protección estrita), amais da presenza dunha importante extensión de bosque de ribeira pertencente ao Hábitat de Interese Prioritario 91E0 (catalogado no Anexo I para o que tamén se require a designación de zonas de especial conservación). O conxunto destes elementos poñen de relevancia o merecemento deste río coma espazo da Rede Natura 2000. Dáse a grave circunstancia de que na actualidade este espazo non figura nas previsións do novo documento de ampliación que está a elaborar o actual goberno de Galicia, e que paralelamente recuperouse a previsión de autorización administrativa da construcción dos saltos Eiras II e Corope. Queremos salientar tamén, que en Galicia estase a dar unha situación moi complicada para manter a coherencia do proxecto da Rede Natura 2000. Así se por unha banda a Xunta de Galicia incumpriu as súas obrigacións no tocante ao prazo de seis anos para aprobar os Plans de Conservación, pola outra está pendente de aprobación unha proposta de ampliación da Rede que garde coherencia co conxunto do patrimonio natural que alberga o territorio galego.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-02-2011 12:29
XUNTANZA VECIÑAL EN PRADO DA CANDA

A Asociación de Veciños e mais a Comunidade de Montes de Prado da Canda, organizan unha xuntanza veciñal. A planta baixa do Centro Socio Cultural de Prado da Canda, acollerá unha xuntanza veciñal, onde o Arquivo de Imaxes realizará unha pequena exposición dixital dos seus fondos, esta pequena selección xa foi dada a coñecer no seu día no ultimo serán realizado na nosa aldea. Os colectivos pretenden empezar a darlle uso ao Centro Socio Cultural. O sábado 26 de Febreiro ás 20:00 horas é o día e a hora sinalada para este pequeno acontecemento, que ten como finalidade compartir unhas horas de lecer no novo local.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-02-2011 13:22
TOUTÓN ACOLLE O SERÁN MAIS GRANDE DO MUNDO
O serán de Toutón, aldea do concello de Mondariz, volveu ser o mais grande do mundo. Unha carpa de grandes dimensións deu acollida a un numeroso publico. Grupos chegados dende A Coruña, e de outras lonxanas latitudes animaron a bailadores e bailadoras durante toda a noite. O veterano serán de Touton pasa por ser un dos mais grandes da comarca, e dende logo que do mundo, a organización non perde detalle. O concello de Mondariz é por unha noite a capital da musica e do baile tradicional. Como en tódolos seráns non faltaron as rifas e os premios aos agraciados.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-02-2011 23:19
1 [2]
© by Abertal