Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SEN LIXO NO MONTE.
A Comunidade de Montes quere evitar que veciños e veciñas vertan lixo no monte, ou nas pistas de aceso. A Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Prado da Canda comezará unha campaña de sensibilización de cara a conseguir que os veciños e veciñas da nosa aldea non vertan restos de obra, podas e lixo, electrodomésticos e outros voluminosos no monte, contribuíndo así a evitar a contaminación do medio natural. Ate o de agora non había moitas alternativas para desfacerse dos restos de obra e poda. O Concello de Covelo ven de abrir un Punto Limpo, a Comunidade de Montes animará mediante cartas a que os veciños utilicen este servizo dado que é gratuíto. A Xunta Rectora tamén colocou carteis nos vertedeiros habituais, anunciando a prohibición de verter lixo, ao día de hoxe non hai escusas para verter o lixo no monte.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-02-2010 17:22
DURO INVERNO EN PRADO DA CANDA
Este ano o inverno ven cargadiño, temos de todo. Neve, vento, lóstregos, xeada, sarabia e chuvia con baixas temperaturas, semella que este inverno non quere dar tregua. Esta semana esta a ser especialmente dura, as fortes chuvias causan desprendementos de terra, os camiños quedan anegados pola forza das augas. Cumpre recordar que a Asociación de Veciños xa advertiu sobre a necesidade de limpar os regueiros dos camiños, no seu día solicitouno por escrito ao Concello. As autoridades municipais non prestaron moita atención a esta solicitude. Podemos ver algunhas fotos ...

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-02-2010 17:01
ENTROIDO EN MONDARIZ.
Os veciños e veciñas de Paraños, escolleron o entroido de Mondariz, para expresar con boas doses de humor, o seu mal estar pola venda da rectoral de Paraños. Os enmascarados escenificaron con ironía todo o acontecido coa venda da casa rectoral. A xerarquía da igrexa é a diana a onde van parar tódolos comentarios e bromas deste entroido do 2010. Aquí podemos ver unhas fotos...


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-02-2010 23:49
SERÁN EN TOUTÓN.
Un ano mais o serán de Touton ( Mondariz ) volveu ser o mais grande do mundo. O enorme recinto cuberto, encheuse de numeroso publico, musicos, bailadores e enmascarados animaron a festa mesturandose. Grupos chegados de terras ben lonxanas fixeron bailar a quen quixo facelo. Os organizadores ofreceron costela de porco cocida e chourizos de carne, acompañados por pan de millo ou centeno e viño.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-02-2010 13:01
ENTROIDO NA CANIZA.
As comparsas participantes no concurso da Caniza, conseguiron encher o pavillón deportivo. Mariachis, sardiñas, tunos, cupidos, un desfile de moda, con reporteiro da sexta incluído, e mesmo Alicia no pais das marabillas percorreron a Caniza dende o Cacharado ate o pavillón, acompañados pola charanga Vai de Baile. Unha vez chegados ao destino, as comparsas fixeron as delicias do publico, que encheu as gradas, aplaudindo animadamente os distintos bailes interpretados polos enmascarados. Unha vez rematados os bailes fíxose entrega dos premios, resultando gañadores na categoría de adultos As Sardiñas de Lina, e na categoría infantil, Alicia no pais das marabillas, as autoridades municipais fixeron entrega dos premios...


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-02-2010 23:50
1 [2]
© by Abertal