Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ÉXITO DA FEIRA SOLIDARIA NO SANTUARIO DA FRANQUEIRA
P1011340

O bo tempo facilita a compra na feira organizada por Cáritas Interparroquial Nosa Señora da Franqueira.


Hoxe celebrouse a primeira xornada da Feira Solidaria, celebrada no Santuario da Franqueira. Cáritas interparroquial preparou con esmero a presentación dos productos que foron doados xenerosamente. A concorrencia é positiva, as cifras nada teñen que ver coa cantidade de consumidores que estes días festivos ateigan as grandes superficies e diversos centros comerciais. O propósito da feira, é recadar fondos para fornecer a axuda que precisan persoas e familias da comarca en apuros económicos e sociais. Os consumidores deste mercado, son sabedores desta finalidade e mercan mais co corazón, que coa necesidade de mercar algo que realmente se necesite.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-12-2016 16:16
FEIRA SOLIDARIA NA FRANQUEIRA
Cáritas ofrece cobertura a familias que pasan por momentos de angustia económica e social.

cartel ratrillo

Cáritas interparroquial “Nosa Señora da Franqueira” prepara unha feira solidaria. Os días 8 e 11 de decembro, o Santuario da Franqueira acolle esta iniciativa social en horarios de mañá e tarde. Coas ventas dos productos ofrecidos, pódese mellorar a economía desta importante labor, que ten continuidade durante todo o ano.

PARA PENSAR ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-12-2016 21:28
UN POUCO DE SOSEGO POR FAVOR
Copia-de-_DSC0042
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-12-2016 13:52
© by Abertal