Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

KARAOKE EN PRADO DA CANDA
Os mais novos organizan unha noite de diversión á conta do talento musical da veciñanza.


Mozas da nosa aldea organizan un karaoke, este sábado día seis, a partir das nove da noite, no Centro Cultural de Prado da Canda. Os cantores e cantoras teñen unha boa oportunidade para facer valer o seu talento. Seguro que pasaremos unha boa noite musical. Aquí deixamos o cartace que dá a coñecer esta festa.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-12-2014 13:15
ASEMBLEA XERAL EN PRADO DA CANDA
A veciñanza ten unha cita interesante, para decidir entre outras cousas o futuro do colectivo veciñal.

A Asociación de Veciños da nosa aldea prepara a vindeira Asemblea Xeral. A data escollida é o día catorce, sendo ás 17:00 horas a segunda convocatoria. A primeira planta acollerá a tódolos socios e socias que acudan a esta cita. O Plan de Traballo e o orzamento para o 2015, e a liquidación das contas do 2014, son os puntos a debater polos asistentes. Un ano mais temos unha interesante cita no colectivo veciñal.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-12-2014 13:22
© by Abertal