O temporal deixa en evidencia o mal estado de conservación das canles dos camiños.
O forte temporal que visita a nosa terra esta deixando grandes cantidades de auga, así tamén o vento ten unha forte intensidade. A nosa aldea non é allea a esta desagradábel climatoloxía. Os camiños e as pistas son anegados dada a mala conservación das canles que dan saída ás augas fluviais. O liquido elemento é libre e busca sen parar a ansiada liberdade. Aquí deixamos unha foto, onde podemos ver as múltiples saídas que atopa a auga a súa retención.
O intenso frío non impediu unha numerosa asistencia de fieis á cerimonia presidida polo bispo da nosa diocese.
Este sábado puidemos asistir á apertura do Ano Xubilar da Franqueira. O Ano Xubilar é unha graza otorgada polo Papa Bieito XVI, co motivo do cincuenta aniversario da Coroación Canónica da Imaxe da Nosa Sra. da Franqueira. Moitos fieis aproximáronse a celebrar este acto, a pesar da intensidade do frío. O bispo da diocese de Tui ? Vigo presidiu a eucaristía. O Santuario da Franqueira non escatimou esforzos á hora de organizar este importante acontecemento.