|
|
|
O NADAL E O ANO NOVO COA VECIÑANZA DE PRADO DA CANDA |
|

A Asociación de Veciños organiza dúas xuntanzas veciñais.
O colectivo veciñal celebrará dúas xuntanzas veciñais os días 24 e 31 de decembro, a partir das doce da noite. O Centro Socio Cultural de Prado da Canda, abrirá as portas para dar acollida, a todas aquelas persoas que queiran pasar a noite do Nadal e o Ano Novo coa veciñanza.
|
|
|
|
FESTIVAL DE NADAL DE PATINAXE EN COVELO |
|
A Patinaxe Artística quenta os motores do Nadal en Covelo.
O domingo, 18 de Decembro podemos visitar o Pavillón de Covelo. O Club de Patinaxe Artística ofrece unha Festival de Nadal de Patinaxe. A partir das 12:30 comezará o espectáculo, que de seguro non deixará indiferente a ninguén que se anime a presenciar esta interesante actividade. O Club de Patinaxe Artística de Covelo ven desenvolvendo dende fai tempo unha intensa e interesante iniciativa. Para saber mais ...
|
|
|
|
PARA PENSAR ... |
|
|
|
|
|
VECIÑA DE PRADO DA CANDA AMOSA A SÚA ARTE |
|
Interesante exposición que podemos visitar na Galería Jazz de Vigo.
Aquí podemos ver a obra pictórica dunha veciña de Prado da Canda. Alba Castillo amósanos as súas pinturas, todas elas coa muller como protagonista. A Galería Jazz esta na rúa Ronda de Don Bosco numero 21 baixo, a exposición temos tempo de disfrutala ate o día 31 de Xaneiro. Alba Castillo foi a persoa que gañou o concurso para escoller o que seria o logo da Asemblea dos Merliños de Prado da Canda, xermolo do que é hoxe en día a Asociación de Veciños da nosa aldea.
|
|
|
|
UN BANCO EN PRADO DA CANDA |
|
Un banco para todos, o noso banco.
Aquí temos o único banco que opera en Prado da Canda. A este banco, non lle afectan os tempos convulsos que esta a vivir o mundo financeiro. Nesta peculiar sucursal, non conceden hipotecas e non dan creto a ningún tipo de interese. Este banco, iso si, é moi bo para refuxiarnos da chuvia, sobre todo para os cativos da nosa aldea, que esperan pacientemente pola chega do bus escolar. Este banco non atesoura coleccións de arte, nin ten nos seus fondos nin ouro nin prata, tampouco especula na bolsa ou inviste os seus cartos en lonxanos paraísos fiscais. Aquí atesouranse moitos recordos, recordos da infancia de varias xeracións de mozos e mozas da nosa aldea, aquí buscaba refuxio do frío e da chuvia a mocidade de Prado da Canda. A sucursal bancaria é tamén o forte dos vaqueiros que xogaban contra os indios, podería ser que se convertese en cárcere nos xogos de polis e cacos, ou simplemente servía de confesionario de secretos infantís, ou testemuña dos primeiros amores e bicos. Interesante banco este de Prado da Canda, que atesoura recordos e non cobra comisións por gardalos.
|
|
|
|