Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES




FAI CLICk NO SEGUINTE ENLACE:

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-12-2010 12:45
CARTACE DO SERÁN DE PRADO DA CANDA DO 2011
Aquí temos o novo cartace que anuncia o serán de Prado da Canda do 2011.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-12-2010 12:43
SERÁN EN PARADA DE ACHAS
Este domingo celebrouse o primeiro serán de Parada de Achas, aldea do concello da Caniza. Non houbo moito publico, e poucos músicos e bailadores acudiron á cita. A pesar da pouca afluencia, o ambiente animouse en canto comezaron a soar as gaitas e as pandeiretas. A veciñanza que acudiu á cita animouse a bailar mentres os músicos intercambiábanse entres eles, convertendo unha tarde desapracible e fría, nunha tarde de festa.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-12-2010 17:49
LUMINARIA DE NADAL EN PRADO DA CANDA
O Concello de Covelo ven de instalar unha luminaria de Nadal. Na Aldea de Arriba, na estrada provincial, instalouse unha luminaria con motivo do Nadal. A veciñanza ve con bos ollos a iniciativa do Concello, que ven a sumarse á iniciativa dos veciños e veciñas de Prado da Canda, á hora de decorar as casas no Nadal.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-12-2010 11:53
LIMPEZA NO MONTE COMUNAL
A Comunidade de Montes de Prado da Canda segue a facer traballos de desbroce no monte comunal. As inmediacións da poza da Costa na Aldea de Arriba, o monte do Coto na Aldea de Abaixo e a plantación de frondosas, son os lugares onde se están a realizar estes traballos. A Comunidade de Montes pretende con estes traballos impulsar o crecemento de especies mais productivas como no caso das frondosas, nas inmediacións do Coto. Así mesmo o desbroce favorece a eliminación de materia vexetal, que na época estival, convertese nun material faborecedor do lume, dificultando a súa extinción.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-12-2010 23:35
1 [2]
© by Abertal