Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO !!!



A Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda, queren agradecer o voso interese ao utilizar esta xanela para visitar a nosa aldea. Que teñades unhas boas festas de Nadal e que no próximo ano se cumpran tódolos vosos desexos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-12-2009 17:33
Un conto de Prado da Canda.
Unha vez mais a paciencia de Isaura dedícanos uns minutiños para contarnos o que lle aconteceu xa fai algún tempo.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-12-2009 17:30
OPINIÓN

A fin do mundo



Din os analistas que estamos nun momento crucial. Horas e horas de análise para decatarse do obvio. Non, non vou falar de que a humanidade vai desaparecer. Polo menos do xeito en que nos teñen acostumados certas películas norteamericanos. Iso si, o mundo, tal e como o coñecemos, está a piques de rematar. A crise, unha verba apartada por algúns e espallada con altofalantes por outros, é estructural e non só económica como nos queren facer ver, explícome. Agora sabemos que o sistema, baseado na lei depredadora do máis forte, non funciona. A especulación traballou, todos estes anos, a costa do traballo da xente de a pé e dos seus aforros. No Estado español mentres uns acadaban cotas de poder a partir dos anos 80, ben en empresas privadas ou ben en postos de responsabilidade política, a maior parte da poboación fornecía, sen sabelo, de cartos abondo para que o “monstro” medrara. Ninguén fixo caso da alerta de moitos especialistas que avisaban do que podía pasar. Agora temos aquí o resultado: paro e pobreza. Pero o sistema non só fallou a nivel económico, tamén fracasou a nivel ambiental e cultural.
Hai xente que pensa que vive libre do problema. Está nun erro. Por moito que teñamos a sorte de ter casa, traballo e mesmo terras e uns cantos animais para poder subsistir, da segunda parte da crise mundial ninguén escapa. Estou a falar da crise ambiental. O clima está a mudar dun xeito tan perigoso e rápido que non haberá ningunha posibilidade de fuxir da subida de temperaturas e o avance vertixinoso da sequia no noso país. Que podemos facer? En primeiro lugar actuar a nivel individual cos moitos consellos que se dan, sobre todo por parte das organizacións ecoloxistas. Agora ben, tamén temos que esixir que as grandes empresas e institucións fagan o mesmo, senón non serviría de nada o noso sacrificio.
A nivel cultural, por moito que a algúns lles poda parecer algo menos importante, están a desaparecer sistemas enteiros de formas de vida. En poucos anos pasamos a ser unha sociedade cada vez máis urbana e menos rural. Quen pode dicir hoxe que non precisa dun teléfono móbil, por exemplo? Pero o máis aterrador é que esta unificación tecnolóxica, se cadra necesaria, impón unha regras de destrucción do elemento máis importante dunha cultura: a súa lingua. No noso caso asistimos a unha sistemática ocultación do galego en todo tipo de lugares: manuais de instruccións, páxinas web, medios de comunicación,... Fálase de imposición e a un tempo de liberdade cando os que vivimos aquí, neste caso en Prado da Canda,non sabemos de que diaños están a falar.
En fin, penso que ata a última parroquia galega, por moi lonxe que se atope dos centros de decisión (e por desgraza semella que estes cada vez estén máis lonxe) pode actuar e conta no conxunto da sociedade. Pensemos nisto e seguro que a fin do mundo non vai ser agora, ou polo menos conseguiremos retrasala o máximo posible.

Por Antón F. Escuredo, Redactor Xefe do Xornal A Peneira

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-12-2009 00:15
Sabias que…
O Monte Comunal de Prado da Canda foi clasificado como tal o 4 de Maio de 1979. A superficie desta clasificación era de 145 has. Dende aquela primeira clasificación ate o día de hoxe o Monte Comunal mudou a súa extensión territorial, debido aos procesos xurídicos que deron como resultado un novo deslinde. Podemos ver aquí un mapa de como era inicialmente o Monte Comunal de Prado da Canda no ano 1979.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-12-2009 00:04
A Asociación de Veciños de Parada de Achas organiza a visita de Papá Noel.
A AVV de Parada de Achas, a Caniza, organiza a visita de Papá Noel á parroquia. O próximo día 23 de decembro ás 17:00 horas, na Casa da Cultura – Teleclub do Feiron.
O programa do colectivo veciñal para este día, conta coas actuacións, do contacontos Manuel Solla, e de Xosé Manuel Conde, actor e director de teatro, membro do grupo Lambríaca e fundador do trío Fulano, Mengano e Cítano.
Rematada as actuacións se recibira a chegada de Papá Noel con entrega de agasallos, finalizado o acto se serviran uns pinchos. A Asociación de Veciños conta coa colaboración da Asociación Gran Vigo e Lambríaca.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-12-2009 23:35
1 [2] [3]
© by Abertal