Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SERÁN EN SALVATERRA
A Escola de Baile Tradicional de Lourido, convídanos a pasar un serán.


O domingo , día vinte e tres, estamos convidados a pasar unha tarde empapados pola música tradicional. Como vén sendo costume nos últimos anos, a Asociación Veciñal e Cultural San Xoán de Fornelos e Lourido, organiza o VI Serán e Magosto de Lourido. A festa dará comezo ás cinco da tarde, deixamos un cartace con tódolos detalles.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-11-2014 16:29
LIMPEZA FORESTAL EN PRADO DA CANDA

O Concello de Covelo asumiu verbalmente o compromiso de rozar as beiras da pista do curro.

A Comunidade de Montes solicitou a limpeza das beiras da pista que da aceso ao curro e á Bouza. A pista leva uns anos sen ser visitada polas rozadoras, e a natureza ocupa o seu espazo, dificultando o transito de vehículos. A solicitude formulouse verbalmente no Concello de Covelo, sen que de momento se dese ningunha resposta. A Xunta Reitora confía en que o Concello asuma o compromiso adquirido e proceda en breve a limpar a pista forestal.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-11-2014 11:02
ROUBO EN PRADO DA CANDA

Desaparecen ferros e outros materias do monte comunal.

A Comunidade de Montes denunciou na Guarda Civil, a desaparición dos postes de ferro que formaban parte da estruturara do tellado do curro. Fai uns meses botouse en falta este material, así como tamén a desaparición de parte da malla do peche perimétrico do pastizal. Dous axentes visitaron a zona, acompañados por membros da Xunta Reitora e tomaron nota dos danos sufridos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-11-2014 10:47
© by Abertal