Ao serán magosto da Castaña da Cañiza que celebrouse o pasado fin de semana non lle faltou de nada. Sobre saíu pola súa espectacularidade a queimada que fixo un meigo chegado doutras terras, tendo o lume como principal protagonista da súa actuación. A Carballeira do Cacharado acolleu ao numeroso publico asistente, tendo unha carpa por si chovía, cousa que non acontéceo. A música tradicional tivo un bonito e acolledor espacio.
Un bo numero de colaboradores, prestan o seu apoio á organización deste serán en Salvaterra de Miño.
O domingo, 17 de novembro podemos acudir ao V Serán e Magosto en Lourido no municipio de Salvaterra de Miño. A partir das cinco da tarde comeza a festa, contando cunha carpa para protexer ao publico no caso de mal tempo. Organiza este serán a Asociación Veciñal e Cultural San Xoán de Fornelos e Lourido.
A carballeira do Cacharado, antigo lugar onde se celebraba a feira do gando, acollerá un serán.
O próximo 16 de Novembro estamos convidados ao I Serán da Castaña, no concello da Cañiza. A carballeira do Cacharado acollerá cunha carpa a quen se anime a participar nesta iniciativa organizada polo Concello de A Cañiza e a Asociación Cultural Furafollas de Oroso. Un magosto regado cun bo viño e acompañado de chourizos, son un combustible preciso para animar ás gaitas, pandeiretas ou calquera outro instrumento a interpretar os vellos acordes da cantigas da música tradicional.