Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TRABALLOS NO MONTE COMUNAL DE PRADO DA CANDA

A Comunidade de Montes realiza melloras no corta lumes da nova plantación.

A Comunidade de Montes de Prado da Canda realiza traballos de mantemento no corta lumes do monte comunal. O corta lumes que rodea a nova plantación esta a ser repasado por maquinaria pesada, coa finalidade de mellorar a súa funcionalidade de cara a estación estival. Aproveitase a ocasión para ensanchar e limpar a maleza acumulada nestes últimos anos. Con estes traballos a Comunidade de Montes tenta minorar as consecuencias dun incendio forestal.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-11-2012 20:35
MELLORA DOS BANCOS DA FONTE DA ALDEA DE ARRIBA

O colectivo veciñal de Prado da Canda limpa a pedra e verniza os madeiros da fonte.


A Asociación de Veciños de Prado da Canda, rebaixa a altura dos bancos da Fonte da Aldea de Arriba. Despois de algúns anos sendo solicitada esta pequena mellora ao Concello de Covelo, no 2008 concretamente, o colectivo veciñal pinta a varanda de ferro e rebaixa a altura dos bancos. No seu día, os bancos, foron colocados moi altos o que dificultaba o seu disfrute polos nosos maiores. A Fonte da Aldea de Arriba sempre foi un lugar de encontro, onde a veciñanza parrafeaba de distintos temas. Aproveitouse esta pequena intervención para lixar e vernizar os madeiros dos bancos, así tamén limpouse a pedra da fonte.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-11-2012 17:19
A ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS MODIFICA A DATA DA CONVOCATORIA
O colectivo veciñal ten unha importante cita para o día dous de decembro.


A Asemblea Xeral da Asociación de Veciños, trasladase ao día dous de decembro. Previamente estaba programada para o vinte e cinco de novembro, por motivos de compatibilidade de axendas, a executiva decidiu trasladar a data para o dous de decembro.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-11-2012 12:35
SERÁN EN BARCIA DE MERA
As gaitas e pandeiretas racharon o silencio da Rectoral de Barcia de Mera.


O sábado visitamos o serán de Barcia de Mera, aldea do municipio de Covelo. As vellas pedras da rectoral foron testemuñas dos bailes e cantigas deste serán. Aquí deixamos un vídeo ...



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-11-2012 12:43
A EXECUTIVA PREPARA A ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
O colectivo veciñal confía en poder contar co apoio dos socios e socias, coa finalidade de continuar traballando polo ben común.


A Executiva da Asociación de Veciños vén de reunirse esta fin de semana. Entre outras cousas estableceron para o 25 de Novembro a data da Asemblea Xeral do colectivo veciñal. Decidiuse un calendario de reunións para elaborar o Plan de Traballo para o 2013. Na foto adxunta podemos ver aos compoñentes da Executiva nas escaleiras do Centro Socio Cultural de Prado da Canda. Como bos galegos, non sabemos si soben ou baixan, pero podemos asegurar que están dedicando o seu tempo con moita ilusión ao colectivo veciñal de Prado da Canda.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-11-2012 16:36
© by Abertal