Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TODO PREPARADO PARA CELEBRAR A ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PRADO DE CANDA
A ilusión e as ganas de seguir traballando impregnan o ambiente do colectivo veciñal.

A Executiva da Asociación de Veciños de Prado da Canda, ten preparada a Asemblea Xeral a celebrar o vindeiro domingo, día catro. Fíxose a distribución da convocatoria a tódolos socios e socias, mediante correo postal e tamén electrónico. A Executiva considera importante a asistencia do maior numero posibles de participantes, dado que se decide o futuro da Asociación de Veciños de cara ao ano novo, que xa case que esta chamando ás portas.







Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-11-2011 16:49
RETIRADA DO POSTE DA LUZ DO PETO DAS ÁNIMAS DE PRADO DA CANDA
Comezaron os traballos para proceder á retirada do poste da luz, mal colocado no seu día ao carón do Peto das Ánimas da Aldea de Abaixo.

Despois de algúns anos, dende o 2007, a Asociación de Veciños de Prado da Canda, ve como nesta semana, comezaron os traballos para poder retirar o poste de formigón mal colocado, case que pegado a un dos símbolos mais senlleiros do patrimonio da nosa aldea. Estes primeiros traballos teñen como finalidade soterrar o cable eléctrico, para poder así retirar o devandito poste. Aquí deixamos unhas fotos ...







Comentarios (4) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-11-2011 00:24
LECTURA CONTINUA NA FRANQUEIRA


O Santuario da Nosa Señora da Franqueira, organiza a Lectura continua do Evanxeo de San Marcos.



O sábado día 26 de novembro, a partir das 18:00 horas, comezará unha serie de celebracións e actividades que teñen como obxectivo a escoita da Palabra de Deus. Sobre as 18:45 horas dedicarase un momento á ambientación e explicación da actividade a desenvolver. Está dará comezo a ás 19:00 horas. A lectura continua do evanxeo de San Marcos xurdiu fai algúns anos, así como nalgúns lugares faise a lectura continua do Quíxote, agora é o momento propicio para ler o Evanxeo de San marcos, dado que o domingo 27 iniciase o novo ano litúrxico coa chegada do advento. Ao iniciarse o advento cambiase o texto do evanxeo que se usa cada ano, no caso que nos ocupa é o Evanxeo de San Marcos. Os que queiran poden participar activamente na lectura continua, lendo un fragmento. Esta lectura estará acompañada dalgunha explicación do texto moi puntual. Ao remate da xornada, os participantes compartiran en común unha merenda, levando cada quen o que considere oportuno, a merenda será no salon parroquial onde o Santuario ofrece bebidas e café.






Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-11-2011 00:06
SOMOS PRADO DA CANDA
A Asociación de Veciños ten razón á hora de corrixir o topónimo que utiliza o Concello de Covelo.

O poeta, narrador e traductor Gonzalo Navaza, na imaxe, profesor de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Vigo e membro da Comisión de Toponimia de Galicia, dálle a razón á Asociación de Veciños de Prado da Canda. Dende a Asociación de Veciños realizouse unha consulta ó profesor universitario, sobre o topónimo de Prado da Canda. O Concello de Covelo e a propia Xunta de Galicia utilizan o topónimo incorrecto de Prado de Canda. A pesar de que vellos documentos fan referencia a Prado de la Canda, a contracción dos dous artigos dan como resultado en galego Prado da Canda, que tamén aparece recollido en antigos documentos. Previa consulta, a Asociación de Veciños de Prado da Canda deu comezo aos pasos a seguir para que se corrixa este erro na utilización do topónimo que nós identifica, que non é outro que Prado da Canda.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-11-2011 23:42
A ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS XA TEN DATA
O domingo, 4 de decembro, é a data escollida para celebrar o debate de onde a de saír o Plan de Traballo para o 2012


A Asemblea Xeral da Asociación de Veciños Santiago de , será o 4 de decembro. A primeira planta do Centro Socio Cultural acollerá aos socios e socias que acudirán ese día, a decidir, entre outras cousas, o Plan de Traballo para o 2012. A Executiva presentará a liquidación de contas do ano en curso e o presuposto para o vindeiro ano. Os socios e socias recibirán nos seus fogares a convocatoria, con tódolos documentos que se someterán a debate, e si procede, posterior aprobación. Dende a Executiva vaise facer unha proposta para os usos do Centro Socio Cultural de Prado da Canda.



Comentarios (0) - Categoría: EDICIÓNS IMPRESAS DA FORXA DO FERREIRO - Publicado o 14-11-2011 17:36
1 [2] [3]
© by Abertal