Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A ASEMBLEA XERAL APROBA O PLAN DE TRABALLO PARA O 2011
A Asemblea Xeral da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda, ven de aprobar o Plan de Traballo para o 2011. Os socios e socias que acudiron á convocatoria da Asemblea Xeral, aprobaron as actividades para o 2011. O serán, e a festa da Asociación son as principais actividades, tamén aprobouse a reparación do parque infantil. O presuposto para o 2011, contempla a contención do gasto sen renunciar ás actividades. A Asemblea Xeral deu como boas a liquidación das contas do 2010. A retirada do poste, que esta literalmente pegado ao peto das ánimas, será unha das bandeiras pola conservación do patrimonio cultural da nosa aldea.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-11-2010 11:40
RENDEMENTO DO GANDO NAS COMUNIDADES DE MONTES
A Asociación Galega de Ganado Ovino e Caprino de Galicia, organiza unha xornada de aproveitamento do gando no monte comunal. A Casa da Cultura do Concello do Porto do Son, acollerá este acto o sábado 27 de novembro, ás 10 da mañá dará comezo. Contará entre outros, coa presencia dun experto en aproveitamentos silvopastorís do monte.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-11-2010 11:45
PARA PENSAR ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-11-2010 10:14
ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PRADO DA CANDA
Esta fin de semana , o domingo, pola tarde terá lugar na Casa da Obra de Prado da Canda, a Asemblea Xeral da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda. A liquidación de contas, o presuposto, o orzamento e o plan de traballo para o 2011 xa foron enviados por correo aos socios e socias, estes documentos son o soporte para o debate e aprobación, se procede, na Asemblea Xeral. Tamén serán temas de debate outras inquietudes, vale de exemplo, o peche do túnel da Paradanta, que de momento segue aberto, onde se analizará en que medida afecta a decisión de pechar o túnel á vida dos veciños e veciñas de Prado da Canda, de que forma se poden aliviar as posibles molestias que ocasione a decisión do Ministerio de Fomento.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-11-2010 10:11
O MAGOSTO SERÁN DE LOURIDO, TODO UN ÉXITO
Os organizadores do serán de Lourido, no concello de Salvaterra do Miño, poden darse por satisfeitos. Cunha climatoloxía totalmente adversa, o publico acudiu ao II Serán – Magosto co animo de participar activamente na festa. Músicos, bailadores e bailadoras fixeron un éxito toda a organización que non escatimou esforzos para converter unha mala tarde de inverno, nunha boa xuntanza dos fieis seguidores da musica tradicional.





Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-11-2010 12:42
1 [2]
© by Abertal