Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Xigante da Valouta.



Neste lugar nace o Regueiro da Valouta, este regueiro serve de divisionaria entre os montes comunais de Prado da Canda e Paraños. O bosque que crece ao amparo do regato así como os lugares de labranza próximos a este bosque, foron testemuñas de diversas lendas. Aparicións, luces estrañas e demais, forman parte da lenda que rodea a este lugar. Curiosamente tamén na veciñanza de Paraños se contan historias que teñen como escenario o Regueiro da Valouta. Unha delas é moi interesante é sobre a existencia dun xigante, pero iso mellor o contamos mais adiante ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-11-2009 15:47
A Rega da Vería é de interese paisaxístico no Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal de Prado da Canda.
O Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal recolle a Rega da Vería, como un lugar de interese paisaxístico e social. As actuacións que no futuro se realicen neste espacio deberan ter en conta o valor paisaxístico e social deste enclave no monte comunal. A Rega da Vería conta con catro elementos unidos entre si por un sendeiro. A Fonte da Rega da Vería atopase no punto mais baixo. Na base do sendeiro podemos ver un peto de ánimas, dende alí parten dúas escalinatas que nos levan ate un altar, as escalinatas nos conducen ate o que en Prado da Canda é a ?piscina do Crego?. Todo isto forma un conxunto, que na ultima Asemblea Xeral da Comunidade de Montes, foi aprobada a súa inclusión no Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal de Prado da Canda. Con esta inclusión pretendese por en valor estes elementos, dando prioridade nas actuacións que se fagan no futuro a conservalos.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-11-2009 17:35
Serán en Lourido, Salvaterra do Miño.
Os amigos de Lourido, Salvaterra do Miño, nos invitan ao seu primeiro serán ? magosto. A Asociación Veciñal de Fornelos e Lourido son os responbles desta iniciativa. Aquí podedes ver o aviso que nos mandan, apúntao na túa axenda.


Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-11-2009 16:38
Vinte anos de Xeiras Micolóxicas de ADENCO.
No ámbito da VII Feira de Outono que se celebrou este pasado fin de semana, 31 de Outubro e 1 de Novembro. O grupo ecoloxista do Condado ADENCO, celebrou os 20 anos de Xeiras Micolóxicas do Condado. Foron moitos os curiosos que se acercaron a ver a exposición micolóxica que o grupo ecoloxista preparou. Podemos ver algúns exemplares expostos nesta ocasión.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-11-2009 16:38
[1] [2] 3
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0