|
|
|
A AVV de Prado da Canda, dinamiza a vida social na aldea. |
|
Para a Asociación de Veciños de Prado da Canda dinamizar a aldea sempre foi unha constante. Aquí podemos ver unhas fotos do ultimo magosto organizado pola Asociación de Veciños. Dende aquela ate hoxe organizáronse outras actividades, como por exemplo o serán. O próximo domingo 22 de Novembro, a executiva, someterá a debate e posterior aprobación, se procede, o Plan de Traballo para o 2010. Neste plan se programa entre outras cousas as actividades que se realizaran ao longo do 2010. A Asemblea Xeral na Casa da Obra ás 11 da maña do domingo 22 de novembro é unha cita importante para tódolos socios e socias que queiran aportar ideas e iniciativas ao Plan de Traballo para o 2010.
|
|
|
|
Os colores do blogue de Prado da Canda dixital. |
|
Os colores que se poden ver, e conforman Prado da Canda dixital, son os mesmos que locen os danzantes na festa da Nosa Sra. Do Rosario. Os faxins que locen levan estes colores. A danza de Prado da Canda é moi representativa da nosa aldea, por iso pensamos en utilizar estes colores para Prado da Canda dixital. |
|
|
|
Asemblea Xeral da Asociación de Veciños de Prado da Canda. |
|
O próximo Domingo, 22 de Novembro ás 11 horas, están convocados os socios e socias da AVV Santiago de Prado da Canda á Asemblea Xeral. O orde do dia, ten como sempre, os puntos que habitualmente se establecen asemblea tras asemblea. Os puntos do orde do dia mais interesantes sexan tal vez o presuposto e o Plan de Traballo para o 2010. De seguro que no Plan de Traballo vai incluído o Serán do 2010, que se celebrara en Xaneiro. Tamén semella interesante o cambio na presidencia da Executiva da Asociación de Veciños, sempre que sexa aprobada polos socios asistentes á Asemblea Xeral. |
|
|
|
A Federación Ecolóxica Galega organiza unhas charlas. |
|
A FEG organiza unha charla sobre o uso sostible das matogueiras. O sábado, 14 de novembro ás 18:00 horas no centro social da Achas (A Cañiza). Con estas charlas a FEG pretende concienciarnos da importancia que teñen as matogueiras dos nosos montes no ecosistema.
|
|
|
|
Memoria fotográfica de Prado da Canda. |
|
A muller da imaxe é María. Ten oitenta e tantos anos, segue sendo moi coqueta. María é a protagonista desta foto, porque a podemos ver cando era unha nena. O Arquivo de Imaxes ofrece unha foto completa da familia de María. Ela é a única que aínda vive de tódolos membros que no seu dia se retrataron.
|
|
|
|
|
|
|