Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un conto de Prado da Canda.
Isaura cóntanos o que lle acontéceo preto do bosque da Valouta. Isaura, é unha veciña de Prado da Canda, é socia da Asociación de Veciños e participa de forma activa no colectivo asociativo. A paciencia de Isaura con nós e a súa dedicación deu como resultado este vídeo, que esperamos vos guste. A Asociación de Veciños de Prado da Canda tamén quere conservar o patrimonio inmaterial da nosa aldea. Testemuñas como esta, que nos ofrece Isaura, forman parte da nosa cultura. Os encontros con entes éstranos son parte da nosa historia, eran tempos onde os vivos parece que estaban moi en contacto cos non vivos. Esperamos que este vídeo sexa do voso agrado ...


Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-11-2009 17:53
Renovación na Executiva da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda.


Na Asemblea Xeral celebrada o 22 de Novembro, Mercedes foi nomeada Presidenta, en substitución de Beatriz, presidenta dende a fundación da Asociación de Veciños. Esta muda ven dada polo feito do pouco tempo que tiña Beatriz para dedicarllo á Asociación de Veciños. No tempo que ocupou Beatriz a presidencia, a Asociación de Veciños acadou metas importantes, unha delas é a construción da Casa da Cultura, tamén axudou a consolidar o proxecto da Asociación de Veciños. Mercedes asume a súa nova responsabilidade con moita ilusión, conta coa experiencia do resto da Executiva que non mudou a súa estrutura, Elisa segue a ser a Secretaria, Hortensia a Tesoureira, Ester e Francisco seguen a ser vocais.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-11-2009 00:19
Memoria fotográfica de Prado da Canda.


Esther ten oitenta e poucos anos, segue sendo moi coqueta. A Esther a podemos ver no blogue do Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños. É unha foto moi interesante. Con ela aparecen dúas persoas ...

FAI CLIk no seguinte enlace:


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-11-2009 15:44
Serán e magosto en Lourido, Salvaterra do Miño.
Moitas persoas asistiron ao primeiro serán, de Lourido, este domingo pola tarde. Os bailadores e bailadoras disfrutaron nunha nova ocasión da boa musica tradicional. As castañas do magosto e o viño novo foron quen de dar a enerxía suficiente. Destrutade deste vídeo ...


Comentarios (4) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-11-2009 16:47
Dúas citas moi interesantes
Esta fin de semana temos dúas citas moi interesantes. Pos unha banda a Asemblea Xeral da Asociación de Veciños de Prado da Canda, e por outro lado, non menos intentarase o serán – magosto en Lourido, Salvaterra do Miño. Para recordalo volvemos a poñer os carteis que anuncian estes actos



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-11-2009 12:21
A AVV de Prado da Canda, dinamiza a vida social na aldea.



Para a Asociación de Veciños de Prado da Canda dinamizar a aldea sempre foi unha constante. Aquí podemos ver unhas fotos do ultimo magosto organizado pola Asociación de Veciños. Dende aquela ate hoxe organizáronse outras actividades, como por exemplo o serán. O próximo domingo 22 de Novembro, a executiva, someterá a debate e posterior aprobación, se procede, o Plan de Traballo para o 2010. Neste plan se programa entre outras cousas as actividades que se realizaran ao longo do 2010. A Asemblea Xeral na Casa da Obra ás 11 da maña do domingo 22 de novembro é unha cita importante para tódolos socios e socias que queiran aportar ideas e iniciativas ao Plan de Traballo para o 2010.

Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-11-2009 12:12
Os colores do blogue de Prado da Canda dixital.



Os colores que se poden ver, e conforman Prado da Canda dixital, son os mesmos que locen os danzantes na festa da Nosa Sra. Do Rosario. Os faxins que locen levan estes colores. A danza de Prado da Canda é moi representativa da nosa aldea, por iso pensamos en utilizar estes colores para Prado da Canda dixital.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-11-2009 11:43
Asemblea Xeral da Asociación de Veciños de Prado da Canda.



O próximo Domingo, 22 de Novembro ás 11 horas, están convocados os socios e socias da AVV Santiago de Prado da Canda á Asemblea Xeral. O orde do dia, ten como sempre, os puntos que habitualmente se establecen asemblea tras asemblea. Os puntos do orde do dia mais interesantes sexan tal vez o presuposto e o Plan de Traballo para o 2010. De seguro que no Plan de Traballo vai incluído o Serán do 2010, que se celebrara en Xaneiro. Tamén semella interesante o cambio na presidencia da Executiva da Asociación de Veciños, sempre que sexa aprobada polos socios asistentes á Asemblea Xeral.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-11-2009 11:12
A Federación Ecolóxica Galega organiza unhas charlas.
A FEG organiza unha charla sobre o uso sostible das matogueiras. O sábado, 14 de novembro ás 18:00 horas no centro social da Achas (A Cañiza). Con estas charlas a FEG pretende concienciarnos da importancia que teñen as matogueiras dos nosos montes no ecosistema.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-11-2009 00:09
Memoria fotográfica de Prado da Canda.



A muller da imaxe é María. Ten oitenta e tantos anos, segue sendo moi coqueta. María é a protagonista desta foto, porque a podemos ver cando era unha nena. O Arquivo de Imaxes ofrece unha foto completa da familia de María. Ela é a única que aínda vive de tódolos membros que no seu dia se retrataron.

Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-11-2009 00:07
O Xigante da Valouta.



Neste lugar nace o Regueiro da Valouta, este regueiro serve de divisionaria entre os montes comunais de Prado da Canda e Paraños. O bosque que crece ao amparo do regato así como os lugares de labranza próximos a este bosque, foron testemuñas de diversas lendas. Aparicións, luces estrañas e demais, forman parte da lenda que rodea a este lugar. Curiosamente tamén na veciñanza de Paraños se contan historias que teñen como escenario o Regueiro da Valouta. Unha delas é moi interesante é sobre a existencia dun xigante, pero iso mellor o contamos mais adiante ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-11-2009 15:47
A Rega da Vería é de interese paisaxístico no Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal de Prado da Canda.
O Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal recolle a Rega da Vería, como un lugar de interese paisaxístico e social. As actuacións que no futuro se realicen neste espacio deberan ter en conta o valor paisaxístico e social deste enclave no monte comunal. A Rega da Vería conta con catro elementos unidos entre si por un sendeiro. A Fonte da Rega da Vería atopase no punto mais baixo. Na base do sendeiro podemos ver un peto de ánimas, dende alí parten dúas escalinatas que nos levan ate un altar, as escalinatas nos conducen ate o que en Prado da Canda é a “piscina do Crego”. Todo isto forma un conxunto, que na ultima Asemblea Xeral da Comunidade de Montes, foi aprobada a súa inclusión no Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal de Prado da Canda. Con esta inclusión pretendese por en valor estes elementos, dando prioridade nas actuacións que se fagan no futuro a conservalos.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-11-2009 17:35
1 [2]
© by Abertal