Baixo o nome de Prado da Canda dixital, a Forxa do Ferreiro leva a xanela da rede as novas de Prado da Canda así como tamén as da Comarca. Mediante este instrumento tentaremos darvos a coñecer a realidade dunha aldea galega, enmarcada no Concello de Covelo, provincia de Pontevedra. A nosa aldea é pequena pero os seus veciños están organizados en torno a unha comunidade de montes e a unha asociación de veciños. Daremos conta nesta bitácora das actividades que ámbalas dúas institucións realizan en Prado da Canda. A Forxa do Ferreiro é o boletín informativo da comunidade de montes e mais da asociación de veciños. Agora imos tentar facer chegar as novas do boletín informativo tamén en edición dixital.