Si a choiva o permite se celebrará no Torreiro de Prefeuto Castillo, no caso de mal tempo se trasladará á Casa da Cultura.
A veciñanza de Prado da Canda coloca unha placa simbolica en homenaxe a Perfeuto Castillo. O torreiro da igrexa luce o nome do moi querido veciño, homenaxeado recentemente cun acto festivo na Casa da Cultura da nosa aldea. Na festividade do próximo día un, esta prevista a celebración dun magosto neste lugar ás 17:00 horas. Pola mañá, si a climatoloxía o permite, ás 10: 30 os peques poderán is buscar foupa e castañas acompañados polos maiores. De xeito non oficial e sempre dende o cariño quedamos convocados para o día 1 de novembro, no torreiro da igrexa, que para a veciñanza da nosa aldea é o torreiro de Perfeuto Castillo.
D. Luis Quinteiro Fiuza , acompañou á veciñanza de Prado da Canda na súa festividade.
O bispo da nosa diocesis celebrou a misa maior da festividade da Nosa Sra. do Rosario na nosa parroquia. Foi testemuña do baile, que un ano mais, como ven sendo costume dende non se sabe canto tempo, fixeron os bailadores da Danza de Prado da Canda. O frío non desanimou aos asistentes, que se animaron a acercarse a nosa aldea e contemplar este antigo baile.