Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TRABALLOS NO MONTE COMUNAL
P1011306

A Comunidade de Montes, realiza labores de mantemento e limpeza nas inmediacións da vella plantación.


O monte comunal recibe os tractores, que unha vez mais rozan a maleza, que co tempo pode convertirse nun risco de incendio. Os traballos nesta ocasión céntranse nas inmediacións do curro, e tamén se procederá á poda e roza dun pequeno espacio da vella plantación. Os traballos enmárcanse na conservación e mantemento do monte comunal, aprobados na ultima asemblea xeral.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-10-2016 12:18
FESTAS DE PRADO DA CANDA
FESTA DO ROSARIO 2016



Os cambios realizados na danza, son promesa dunha longa continuidade.

A festa grande da nosa aldea xa queda atrás. Os acordes da danza acompañaron á procesión, onde os bailadores e bailadoras buscan unha e outra vez á imaxe da Nosa Sra. do Rosario, durante todo o camiño. Unha vez no torreiro, os danzantes executan os pasos que dende tempos que non se recordan, báilanse para comezar a recollida da imaxe. Este ano houbo novidades, cambiouse o guía e déuselle entrada a novos bailadores, con estas modificación a danza ten garantida a súa continuidade. Os integrantes mais maiores deixan paso xenerosamente ás novas xeracións, o tempo indiscutiblemente pasa para todos. Estes cambios provocaron unha maior expectación, a cal tivo como recompensa, un amplío e agradecido aplauso dun publico entregado. Para ver fotos, facer clilk na imaxe do artigo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-10-2016 13:28
HORARIOS EXPOSICIÓN
cartace%exposicion
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-10-2016 07:16
© by Abertal