Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MAGOSTO EN PRADO DA CANDA
A ilusión dos mais mozos e mozas pode animar a noite do día de tódolos santos.

Recibimos un convite para participar no magosto que se organiza para o día un de novembro. O Centro Socio Cultural da nosa aldea acollerá a festa organizada por un grupo de mozas. As organizadoras pensaron nos mais cativos, e non tanto, para que participen aportando cabazas personalizadas. Aquí deixamos o cartace onde se nos fai saber desta iniciativa.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-10-2014 13:46
ALMACÉN DE CARITAS E ALBERGUE NA FRANQUEIRA
O Santuario quere facilitar o traballo aos voluntarios de Caritas, e darlle unha merecida acollida aos peregrinos.

O Santuario da Franqueira, ambiciona mellorar a calidade asistencial aos peregrinos que acoden á Franqueira. O local precisará dunha sala de acollida, duchas, vestiarios, dormitorios e comedor. O Santuario quere facer un albergue, onde se ofrezan as comodidades e atencións que precisan as persoas, que despois dunha peregrinación, esperan atopar un lugar onde descansar.
A dirección do Santuario tamén quere dispoñer dun local destinado a Caritas Interparroquial da Nosa Sra. da Franqueira. O local contaría cun almacén de alimentos, sala de reunións e material informático. O Santuario da Franqueira solicita a colaboración de todas aquelas persoas que consideren aportar axudas para poder realizar estes proxectos solidarios.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-10-2014 16:56
DÍA DE POXOS NA FRANQUEIRA
O Santuario da Franqueira, destina os cartos dos poxos a accions benéficas.

Coa celebración do día dos poxos, culmina a Romaría da Nosa Sra. da Franqueira. A xornada dos poxos transcorre con mais tranquilidade, que a que se celebra o día oito. A concorrencia de publico é manifestamente menor. A Virxe sae neste día en procesión levada polo carro tirado dunha parella de vacas. O mouro e o cristián volven a solucionar as súas diferencia relixiosas facendo bailar os respectivos aceiros co resultado da victoria a favor do cristián. Aquí deixamos unhas imaxes.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-10-2014 16:48
A DANZA DE PRADO DA CANDA PROTAGONIZA AS FESTAS
A veciñanza da nosa aldea reúnese con ilusión ao carón do antigo baile da danza.

Numeroso público acudiu un ano mais á festa do Rosario de Prado da Canda. A danza que acompaña á procesión volveu a recorrer os mesmos camiños que dende antigo se ven facendo. Moitos curiosos por ver como se executa esta danza acoden a esta cita, chegados de terras lonxanas. A danza é motivo de curiosidade para fotógrafos e estudosos das tradicións da nosa terra. Os gaiteiros acompañaron coas súas notas todo o recorrido da procesión, e os acordes musicais da danza, volveron a envolver o vello torreiro da igrexa, mentres os bailadores e bailadoras suaban executando os antigos pasos aprendidos dos que antes pasaron pola danza. A emoción recorreu un ano mais as entrañas dos que asisten a este evento desta pequena parroquia. Aquí deixamos unha pequena reportaxe.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-10-2014 12:21
© by Abertal