Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ANIMADO SERÁN EN RANDUFE
O barrio da parroquia cañicense das Achas, viviu unha animada noite de música e baile tradicional.



O serán de Randufe cumpriu tódalas expectativas. Un numeroso público puido bailar e cantar coas cantigas propias do abondoso repertorio da nosa música tradicional. Randufe transformouse por unha noite na capital dos sons, enraizados na noite dos tempos. Na imaxe podemos ver a dúas integrantes das Pandereiteiras de Toutón, escena que se repite nos numerosos seráns da comarca onde a sabedoría que dan os anos, combinase á perfección coa xuventude dos integrantes dos distintos grupos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-10-2013 15:16
CAMIÑO ABANDONADO EN PRADO DA CANDA
O colectivo veciñal da nosa aldea solicita o arranxo inmediato do Camiño da Arigua, moi descoidado dende fai tempo.

A Asociación de Veciños solicita que os presupostos municipais para o 2014, recollan unha partida orzamentaria para acondicionar o Camiño da Arigua. A demanda do arranxo deste camiño remontase ao 2008, cando se solicitou por vez primeira a atención municipal sobre esta vía. O día tres de outubro o delegado da Xunta, anunciou a dispoñibilidade de 376.000 euros para o arranxo de pistas e vías de comunicación da nosa comarca, posteriormente o día vinte e dous do presente o mesmo delegado anunciou 428.000 euros para o mesmo fin anteriormente anunciado. O Concello de Covelo é quen decide onde inviste os cartos que lle corresponde, deixando a Prado da Canda, fora desta posibilidade orzamentaria. Diante desta nova a Asociación de Veciños solicita que o Concello de Covelo conte nos seus presupostos para o próximo ano, dunha partida económica que permita acometer con garantías as obras precisas para mellorar unha vía que da servizo a diversos fogares, que viron con preocupación como servizos de urxencias néganse a transitar por este camiño, especialmente nos dias de chuvia.


Anuncio delegado da Xunta de Galicia ...

Segundo anuncio do delegado da Xunta de Galicia ...

Nova do Atlantico Diario ...

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-10-2013 12:31
SERÁN EN RANDUFE
O campo de fútbol será testemuña dunha noite onde a música tradicional, terá o protagonismo no lugar das ilusións e decepcións futbolísticas.

O barrio da parroquia cañizense de Achas celebrará. este sábado, o seu IV Serán. A Asociación Cultural A Ruada de Randufe organiza esta festa. Ás vinte e unha e trinta comezarán as pandeiretas e todo tipo de instrumentos, mesmo piñas, si fai falta, a interpretar o amplo repertorio que ofrece a música tradicional. O campo de fútbol de Randufe acollerá a carpa, que dará acubillo a músicos, bailadores e curiosos que se animen a asistir a esta cita. Os organizadores ofrecen pinchos e unha gran chocolatada.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-10-2013 20:47
ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
A executiva comeza a preparar os documentos que serán sometidos ao debate dos socios e socias.


A Asociación de Veciños de Prado da Canda prepara a Asemblea Xeral. Non se fixou ningunha data concreta, de momento estase a preparar a liquidación de contas, e redactando unha proposta de presuposto. O Plan de Traballo para o próximo ano, tamén é un dos temas que se están a elaborar. Todo isto será presentado para o seu debido debate na Asemblea Xeral.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-10-2013 17:48
DISCO DOS FOLIEIROS
Os gaiteiros, transmiten a alegría da nosa música tradicional neste traballo.

Os Folieiros veñen de publicar un disco. “Con paso ledo” é o nome do CD que recolle un interesante e bonito repertorio musical. O grupo de música tradicional ofrécenos unha escolla de pezas moi variadas que pasan por foliadas, polcas ou mesmo paso dobres. De momento aínda non podemos mercar este bonito traballo nas tendas, pero si podemos mercalo nas actuacións que o grupo fai ao longo da nosa xeografía.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-10-2013 18:21
© by Abertal