Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SERÁN EN RANDUFE
Os organizadores deste serán contan cun amplo aparcadoiro que facilita o aceso.



O próximo sábado, vinte e sete de outubro a Asociación Cultural A Ruada de Randufe, celebra a terceira edición do seu serán. Randufe e un barrio da parroquia cañicense das Achas. O Campo de fútbol é o lugar onde se vén celebrando este serán. A climatoloxía non é problema porque os organizadores contan cunha ampla carpa.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-10-2012 23:34
SABIAS QUE ...
Aquí deixamos un interesante vídeo. Na nosa comarca podemos contar cunha grande cantidade de patrimonio tanto cultural como natural. Aquí podemos ver unha aproximación ao noso pasado, que deixou unha profunda huella no territorio.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-10-2012 21:42
O ARQUIVO DE IMAXES DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS AMPLÍA AS XORNADAS DA EXPOSICIÓN
O colectivo veciñal amplía a escolla fotográfica dada a curiosidade polo traballo de imaxes da natureza de Julio Eiroa.


O interese que desperta a exposición fotográfica de Julio Eiroa, fai que se amplíen as xornadas da mostra, que só contemplaba a fin de semana pasada. Os vindeiros sábados trece e vinte, e domingos catorce e vinte e un, o Centro Socio Cultural de Prado da Canda abre as súas portas cos seguintes horarios, os sábados de 16:00 a 19:00 horas e os domingos de 17:00 a 20:00 horas. O Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños da nosa aldea agradece o interese da veciñanza pola escolla fotográfica, isto anima a seguir traballando ao colectivo veciñal a organizar actividades de contido cultural.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-10-2012 21:18
A FOTOGRAFÍA DE NATUREZA VISITA PRADO DA CANDA
A veciñanza de Prado da Canda pode ver imaxes da natureza de Julio Eiroa.




Julio Eiroa vai expoñer parte do seu traballo fotográfico esta fin de semana. O Centro Socio Cultural de Prado da Canda acolle con ilusión esta exposición, dado que se dá a coñecer unha labor creativa moi interesante. A Asociación de Veciños mediante o seu Arquivo de Imaxes quere dar a coñecer a beleza da natureza a través da fotografía, contando nesta ocasión con Julio Eiroa que a maiores é veciño de A Lamosa. Aquí deixamos un enlace para coñecer o traballo que realiza dende fai algún tempo Julio.

Ver fotos de Julio Eiroa ...

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-10-2012 13:17
© by Abertal