Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ORACIÓN POLA CHEGADA DA CHUVIA NA FRANQUEIRA
O Santuario da Franqueira pediu pola chuvia.


Dado o longo período que levabamos sen ver unha pinga de auga, diante da seca de fontes, e demais incomodidades que provocou tanto tempo sen chuvia, o Santuario da Franqueira realizou durante a semana pasada unhas xornadas para pedir pola presencia da chuvia. Dende o luns 24 ate o sábado 29 realizáronse entre as 7:30 horas e as 9:00 horas, Laudes e Celebración da Eucaristía co rezo do Santo Rosario. Á vista do resultado podemos asegurar que o obxectivo foi alcanzado plenamente.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 31-10-2011 16:22
VÍDEO DA DANZA DE PRADO DA CANDA DO 2011
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-10-2011 17:56
O SERÁN DE RANDUFE DÁLLE VIDA Á MUSICA TRADICIONAL NA CAÑIZA
O serán de Randufe na parroquia cañicense das Achas cumpriu tódalas expectativas. O escenario volveu a sorprender pola súa decoración. O publico que acudiu á cita non tivo problemas para atopar o lugar onde se realizou a festa. A organización que non son outras que si non As Pandereteiras de Randufe non escatimaron esforzos para que todo saíse ben.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-10-2011 16:32
SECA DE FONTES EN PRADO DA CANDA
Levamos moito tempo sen ver a choiva, sen sentir o seu repenicar nos tellados. A terra mostra síntomas de agotamento, de non dar mais de si, fáltalle o zume das nubes, que na terra, convertese en sangue que dá vida. Coa seca reséntense os cultivos, os frutais e tamén as fontes. Chama a atención da veciñanza de Prado da Canda, a seca que sofre a fonte da Aldea de Arriba. Comentan os maiores do lugar que non recordan ver esta fonte sen auga. Este feito alarma as conciencias, agora mirase con lupa toda a auga que se consume. A seca desta fonte pode ser síntoma dalgún cambio. Un outono seco como o de este ano é algo estraño na nosa terra. Esperemos que pronto as nubes deiten xenerosamente o seu zume sobre a terra, que o deite con sentidiño, como o fixo sempre en Galicia.
Comentarios (5) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-10-2011 22:53
SERÁN NA CAÑIZA
O grupo A Ruada de Randufe da Cañiza, organiza o seu segundo serán. O campo de fútbol do barrio de Randufe, na parroquia cañizense das Achas, acollerá o II Serán de Randufe. A partir das 21:30 horas, do sábado, 15 de Outubro, dará comezo a festa, os organizadores ofrecen chourizos, pan e viño e sen faltar o chocolate.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-10-2011 14:09
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0