Unha das propostas do Plan de Traballo para o 2011, da Executiva da Asociación de Veciños de Prado da Canda, é a retirada do poste que esta pegado ao peto das ánimas da Aldea de Abaixo en Prado da Canda. Unha iniciativa persoal dun veciño, que acudiu no seu día ao valedor do pobo, semella ter chegado a un punto final. A pesar dos informes favorables que acreditan a retirada do poste, o Concello de Covelo, non é quen de proceder, e moito menos de forzar á empresa que instalou o poste a retiralo. A retirada do poste da luz é unha vella batalla da Asociación de Veciños. A Executiva levará unha vez mais, esta e outras propostas á Asemblea Xeral. Si os socios e socias o apoian será, sen divida, un duro cabalo de batalla.
Esta fin de semana celebrase o día dos defuntos, día de tódolos santos. Este día é especialmente celebrado na nosa aldea, así como en todo o pais. O campo santo é limpado a conciencia, as sepulturas locen os novos e frescos centros florais. Este día dedicase un homenaxe moi sentido a tódolos que faltan. Na nosa comarca moitos colectivos tamén celebran o samaín, unha celebración de orixe celta. As cabazas cobran protagonismo neste día, acompañadas dalgún magosto e cogomelos, a coincidencia estacional destes elementos gastronómicos facilitan a celebración desta festa. Dende este humilde blogue feliz samaín a tod@s...
A Asociación Veciñal de Paraños, dedica unha xornada aos cogomelos. O Sábado día 30 de Outubro, ás 10 horas, será a saída para buscar cogomelos dende o Cotarel, aconsellan aos participantes acudir con navallas e cestas. Ás 21 horas os cogomelos serán degustados, acompañados dun magosto, na Casa da Cultura de Paraños en Moeiros.
O primeiro serán de Randufe, no concello da Caniza, foi todo un éxito. Un amplío aparcamento, a comodidade do aceso e a boa organización, fan que este serán se consolide con facilidade no futuro. As Pandereteiras de Randufe, organizadoras do serán, non escatimaron esforzos, coidaron tódolos detalles, mesmo a decoración do escenario foi chamada de atención do numeroso publico asistente.
Trasladase a data da Asemblea Xeral da Asociación de Veciños de Prado da Canda. Por un compromiso de ultima hora, trasladase a data prevista do 14 de Novembro, para o 21 do mesmo mes. Esta parece ser a data definitiva.