Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Asemblea do Suído fai un vídeo sobre a Serra do Suído
A Asemblea do Suído, asociación ecoloxista do concello de Covelo, realizou un vídeo documental sobre a Serra do Suído. O vídeo faise con motivo da presentación da revista a “Serra do Suído no sur da dorsal galega”. Esta revista foi editada pola Asemblea do Suído en colaboración coa Federación Ecoloxista Galega. É un vídeo moi interesante, haber se sirve para tomar conciencia do patrimonio ambiental que temos na Serra do Suído.




Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-10-2009 11:45
A fonte e o muíño do Campado de Prado da Canda, integrados no Roteiro Etnográfico do Río Xabriña.
Tanto a fonte como o muíño do Campado forman parte do Roteiro Etnográfico do Xabriña. Detrás do Peto das Ánimas da Aldea de Abaixo e seguindo un pequeno sendeiro, no Río Azal, podemos ver a fonte e o muíño do Campado. A fonte ten sona de secar durante o verán. En tempos se lavaba, a verdade é que a fabrica desta fonte é moi interesante, integráronse no terreo escaleiras de pedra, que aínda hoxe son as que dan aceso á fonte e ao muíño. A levada de auga do muíño esta feita en pedra como podemos ver nas fotos. No entorno podemos ver, si reparamos un pouco, ate un reloxo de sol. Aquí tendes algunhas fotos, que as disfrutesdes e si podedes, visitar o patrimonio etnográfico que a nosa aldea ofrece no entorno do Campado.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-10-2009 14:00
O Roteiro Etnográfico do Xabriña é o resultado do traballo de tres Comunidades de Montes.


Moito traballou a Comunidade de Montes de Paraños. A Comunidade de Montes de Paraños é a promotora do proxecto Roteiro Etnográfico do Xabriña. As Comunidades de Montes da Lamosa e mais a de Prado da Canda colaboraron nos traballos posteriores á elaboración do proxecto. Ámbalas dúas comunidades de montes en colaboración coa de Paraños conseguiron a cesión dos propietarios dos muíños para poder limpalos e en algún caso restauralos. Podemos ver algunhas fotos dos traballos realizados en Prado da Canda.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-10-2009 12:58
A Comunidade de Montes de Prado da Canda colaborou no proxecto do Roteiro Etnográfico do Xabriña.
A Comunidade de Montes participou de forma activa nos traballos do Roteiro Etnográfico do Xabriña. Se conseguiron as cesións temporais dos propietarios do muíño do Campado e mais da Forxa, coa finalidade de integralos no Roteiro Etnográfico. Aquí podede ver o mapa do roteiro de sendeirismo.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-10-2009 12:11
A Executiva da Asociación de Veciños prepara a Asemblea Xeral.
A Asociación de Veciños prepara a Asemblea Xeral que terá lugar o domingo 22 de Novembro, ás 11:00 horas, a día de hoxe esta sen determinar o lugar. A Executiva levara á Asemblea Xeral entre outros temas a rehabilitación da fonte da Aldea de Arriba, e tamén o calendario de actividades entre as que cabe destacar o Serán e mais unha exposición de fotos antigas do Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-10-2009 11:49
Arquivo de Imaxes de Prado da Canda.
No mes de Xuño do 2007 nacía o Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda. A Asociación de Veciños co animo de recuperar imaxes da aldea, tanto dos veciños como da vida social creaba o Arquivo de Imaxes. No mes de agosto daquel ano a Asociación de Veciños organizaba unha exposición dunha parte do arquivo de imaxes, co seguinte lema “ Exposición de fotos vellas, bellas fotos”. Moitos foron os veciños que acudiron a ver as fotos expostas, moitos deles recoñecéronse, e tamén botaron en falta aos que xa non están entre nós. O Arquivo de Imaxes segue a recoller fotos cos criterios de que nas imaxes se poida ver, como eran os camiños, os paisaxes en definitiva que se nos mostre como era Prado da Canda e as xentes que o habitaban. Agora pouco a pouco se iran colgando no blog “Prado da Canda imaxes” parte dos fondos que a día de hoxe ten o Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda. Agora podedes ver o cartel da primeira exposición que organizou o Arquivo de Imaxes, e tamén algunhas persoas observando as fotos.








PARA VER MAIS


FAI CLICk NO SEGUINTE ENLACE:



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-10-2009 17:54
Os Cotos da Bouza son de interese paisaxístico no Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal de Prado da Canda.
O Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal recolle os Cotos da Bouza, como un lugar de intres paisaxístico e social. As actuacións que no futuro se realicen neste espacio deberan ter en conta o valor paisaxístico e social deste enclave no monte comunal. Dende os Cotos da Bouza se ten unha panorámica de todo o val. O Coto da Bouza é o lugar dende se bendice á aldea no día do cerco. Aquí podemos ver algunhas imaxes.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-10-2009 00:23
Foto dunha labrada en Prado da Canda.



FAI CLICk NO SEGUINTE ENLACE:


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-10-2009 20:19
Os comuneiros de Prado da Canda aproban o Plan Técnico de Ordenación do Monte Comunal.
Os comuneiros de Prado da Canda en Asemblea Xeral Extraordinaria, celebrada o pasado 18 de Outubro, aprobaron o Plan Técnico de Ordenación do seu Monte Comunal. Antonio Mota enxeñeiro forestal da empresa Braña, explicou aos presentes en que consiste o Plan Técnico de Ordenación. Presentou diversos mapas coa ordenación do territorio do monte comunal. O Plan Técnico desenvolvese no eido forestal e tamén no social. Compaxina un desenvolvemento forestal sostíbel, complementado cunha posta en valor do uso social do monte. No Plan Técnico de Ordenación se contemplan lugares de interese paisaxístico como pode ser co Coto do Brete, onde se ten unha voa panorámica cara ao oeste norte e leste. Os contornos e paisaxes (Cotos da Bouza, Rega da Vería, Fonte da Prata e o Curro ) singulares son localizados e recollidos no Plan Técnico de Ordenación co fin de darlle protección a vindeiras actuacións non monte comunal.



O COTO DO BRETE




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-10-2009 18:33
Veciños da aldea colaboraron na extinción do incendio do verán do 2006.


Na fotografía non están todos. A fotografía foi realizada no incendio que queimou unha boa parte noso monte no verán do 2006. Foron moitos os veciños que non dubidaron en colaborar na extinción do lume. A Comunidade de Montes tivo na actitude voluntariosa dos veciños e veciñas, comuneiros e non comuneiros unha axuda inestimable. A pesar de contar sen medios a xente acudiu ao monte a tentar poñerlle coto ao lume. No 2006 como tantos outros anos o lume foi protagonista do verán. O lume que afectou ao noso monte foi unha extensión do que se provocou na Caniza. As comunidades de montes veciñas ofreceron os seus medios. Paraños ofreceu batelumes, e tamén un tractor con cisterna, no caso de que o lume chegase ás casas. A Comunidade de Parada de Santiago ofreceu unha paleadora que serviu para facer un corta lumes no Coto da Laxe.
A Comunidade de Montes de Prado da Canda agradece a colaboración e a solidariedade de todas as persoas que colaboraron desinteresadamente na extinción do lume.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-10-2009 21:16
A comunidade de montes de Prado da Canda celebra unha Asemblea Extraordinaria.
O próximo 18 de Outubro pola tarde ás 17:00 horas, tera lugar no local do Bar Rio Azal, unha Asemblea Extraordinaria da Comunide de Montes. O tema a tratar é moi importante, xa que se debatirá o Pan Técnico de Ordenación do Monte Comunal. Un técnico redactor, tamén vai a asistir á reunión, coa finalidade de aclarar calquera dubida que poida xurdir. Con este proxecto a Comunidade de Montes vai ter nas súas mans unha ferramenta moi importante para planificar os traballos no monte comunal, que axuden a por en valor os bens que ofrece a natureza.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-10-2009 19:54
Voluntarios traballando no Monte Comunal de Prado da Canda.
No verán do 2004, a Comunidade de Montes, mediante convocatoria realizou traballos de limpeza e reparación na chamada “Piscina do Crego”. Instalouse unha tubaria nova, e limpouse o interior do vaso da piscina. O traballo foi realizado por voluntarios que acudiron á convocatoria da Comunidade de Montes.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-10-2009 16:46
1 [2]
© by Abertal