A veciñanza, espera que as obras se realicen con criterios que permitan unha boa conservación dos traballos a realizar.
Despois de moitos anos demandando o arranxo do camiño da Arigua, parece que agora o Concello vai a realizar as obras precisas para mellorar esta vía. Ademais do vieiro mencionado, o Concello premia a paciencia da veciñanza arranxando tamén o vía da Porteliña, un traxecto que tamén precisa a visita dos operarios que permitan poñer en condición o firme do mesmo. O presuposto para o vieiro da Arigua é de 15.018 euros, algo menos é o gasto estimado para a Porteliña, que é de 13.055 euros. A duración das obras esta prevista para dous meses. Aquí deixamos uns planos das obras.