Esta é a segunda vez que un mandatario municipal se reúne co colectivo veciñal.
O Alcalde de Covelo, Pablo Castillo, reuniuse coa executiva da Asociación de Veciños. A primeira vez, foi o anterior Alcalde, Jose Costa, a reunión consistiu nunha visita ao centro cultural, onde o colectivo veciñal fixo ver as deficiencias que o edificio padece, tanto no seu exterior como no interior, onde padece graves filtracións de humidade. O mandatario municipal solicitou que se lle enviase unha relación por escrito de tódolos problemas que padece a casa, amosou a súa dispoñibilidade para negociar un convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de Veciños para o uso do edificio.
A Asociación de Veciños volveu a solicitar a poda da arbore que esta pegada ao parque infantil, na Aldea de Abaixo. Este traballo foi solicitado no mes de Agosto do ano 2013, mediante a presentación do correspondente escrito. Despois deste tempo non se recibiu resposta nin tampouco se fixo nada sobre esta solicitude. Daquela o actual Alcalde, Pablo Castillo era Tenente de Alcalde, é dicir o segundo de abordo do equipo de goberno. Dende o colectivo veciñal vaise facer un traballo para recordarlle gustosamente ao novo Alcalde as demandas presentadas cando xa formaba parte do anterior equipo de goberno, e semella ter esquecido.
O colectivo veciñal de Prado da Canda, solicita unha xuntanza co mandatario municipal de Covelo.
A Asociación de Veciños solicita unha reunión co alcalde do noso municipio. A executiva do colectivo veciñal, quere poñer en coñecemento do novo alcalde, as demandas que desde algún tempo se lle veñen reclamando ao Concello. Esta é a primeira reunión solicitada dende que tomou posesión o novo alcalde de Covelo, Pablo Castillo.
O colectivo veciñal da nosa aldea quere empezar o ano celebrando unha pequena festa.
Despois de recoller os santos, o día do Cerco, que este ano celebrase o sábado 16 de Xaneiro, a Asociación de Veciños organiza unha pequena festa. O primeiro andar do Centro Socio Cultural, acollerá aos músicos, onde os organizadores ofrecerán chocolate ben quente. A veciñanza que acuda pode aportar o que considere oportuno, aquí deixamos o cartace que anuncia esta pequena festa veciñal.