Despois de pechar o cerco a veciñanza ten unha interesante cita na Casa da Cultura.
A Asociación de Veciños organiza unha merenda para o día do cerco. Despois de recoller os santos, a veciñanza esta convidada a pasar un bo rato, animados pola música e mais polo chocolate quentiño que se vai servir ao longo da noite. Aquí deixamos un cartel ...
O colectivo veciñal non organiza o serán para non dar satisfacción a os intereses particulares.
A Asociación de Veciños de Prado da Canda suspéndeo o serán que tiña previsto organizar para estas datas. Por intereses alleos á organización que impiden utilizar como viña sendo habitual o espacio que albergou durante anos esta festa, e non atopando con tempo suficiente alternativas a este imprevisto, o colectivo veciñal decidiu aprazar o serán do 2015. A Executiva veciñal, buscará para o ano próximo, unha alternativa que sexa axeitada e digna, para poder acoller con garantías a tódolos amantes da música tradicional.