Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MERENDA NO CERCO DE PRADO DA CANDA
O colectivo veciñal da nosa aldea organiza unha festa merenda para o día do cerco.

O próximo sábado, día 26 de xaneiro, a Asociación de Veciños ofrecerá unha merenda, no primeiro andar do Centro Socio Cultural de Prado da Canda. A festa dará comezo ás oito do serán. A música estará presente, acompañando a aqueles que queiran pasar un rato de lecer, despois de acompañar aos santos no día do cerco. O chocolate ben quentiño animará aqueles corpos mais fríos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-01-2013 17:41
SERÁN EN ARBO
A veciñanza de Cabeiras organiza o segundo serán na honra de San Sebastián.


No concello de Arbo celebran o II Serán de Cabeiras. Ás nove da noite do dia 19 de Xaneiro, dará comezo a festa, tendo viño e comida de balde. Os organizadores contan coa participación, ás doce da noite, do Bruxo Queiman co espectáculo Galiza Terra Meiga.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-01-2013 12:21
CAE UNHA PONTE EN CASTELÁNS

A veciñanza vese obrigada a recorrer mais kilometros tras a caída da ponte.

A ponte de Casteláns, no noso municipio, veu de quebrar. Esta ponte vertebraba á parroquia de Casteláns. Transitada por moitos viaxeiros e veciños que utilizaban esta ruta para ir a Barcia de Mera. Só houbo que lamentar danos materiais, a perda de dous cans e agradecer á providencia a sorte que tivo a unica persoa que caeu ao río, sobrevivindo a unha situación moi perigosa para a súa vida. O Concello de Covelo vén de asegurar que non conta con cartos para poder fronte á reconstrución do vial. Esta ponte era utilizada polo transporte escolar do noso municipio.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-01-2013 20:14
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0