Vinte e oito grupos acoden á cita coa musica tradicional.
Un ano mais, cumprironse as expectativas. Moitos amantes da musica tradicional galega acercáronse a Prado da Canda nesta fin de semana. Un total de vinte e oito grupos subiron ao pequeno escenario da granxa, para facer gala do bo facer musical. As cantigas que nos deixaron os nosos antepasados cobraron vida, para facer moverse, con animosos acordes aos bailadores e bailadoras. Os callos aportaron as calorías necesarias nunha noite fría e chuviosa, todo rematou cun chocolate moi quentiño. Aquí deixamos unhas fotos ...
Morre en Madrid o que foi, entre moitas cousas, presidente da Xunta de Galicia de 1990 ate o 2005, Don Manuel Fraga. Aquí deixamos unha pequena reportaxe sobre a súa intensa vida.
A parroquia de Prado da Canda celebrará o próximo sábado, 14 de xaneiro , o cerco de San Sebastián. A saída da procesión é ás 15:30 horas, recorrerá todo o perímetro da aldea deixando as casas dentro do mesmo. Dende os lugares de costume se fai a bendición. Dende fai algún tempo a parroquia recuperou esta vella tradición, que só se celebra na Franqueira e en Paraños. É aconsellable levar un calzado e unha roupa axeitada, para facer con comodidade este camiño á veira dos santos. O grupo de gaiteiros Os folieiros de Lavadores, porán musica á procesión.
Aquí deixamos un vídeo do cerco celebrado no 2006.